Berg
Pena Corneira
Abelenda das Penas · Carballeda de Avia · Ourense
Foto: Elisardojm · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Berg in Spanien, auf 703 m Höhe, 8,3 km von Ribadavia.
Pena Corneira é un espazo natural de 998 hectáreas declarado monumento natural da comarca ourensá do Ribeiro, entre Avión, Carballeda de Avia e Leiro, e que se caracteriza por se asentar sobre un vasto macizo granítico senlleiro cun grande interese pola súa singularidade e importancia dos seus valores científicos, culturais e paisaxísticos. Carballeda de Avia o municipio que alberga unha maior superficie, seguido dos concellos de Leiro e Avión, todos na comarca do Ribeiro. No cumio do monte atópase a Pena Corneira, un penedo vertical de dez metros de altura.
Xeoloxía
Trátase dunha prolongación ao noroeste da serra do Suído, entre as concas do río Avia e do Miño. Xeoloxicamente trátase dunha masa plutónica batolítica de 18 quilómetros en sentido meridiano e 7 quilómetros en sentido suroeste-nordés de hai aproximadamente uns 300 millóns de anos. O batólito constitúeno rochas graníticas hercinianas poscinemáticas, de composición xeral calcoalcalina e subalcalina, coa presenza de granitos biotíticos e granodioritas biotítico-anfibólicas, aínda que non todo o macizo presenta facies similares. A diferenciación cristalina deu lugar a diferenzas na evolución xeomorfolóxica que fixeron posíbel a existencia do macizo e as súas formacións asociadas: cristas graníticas, domos alvéolos, corredores deprimidos, caos de bólos, pías (pot holes, gnammas) etc.
Flora e fauna
A erosión encheu o outeiro de penedos a xeito de grandes bólas de granito e rochas de estrañas formas (outeiro da campá, outeiro dos forniños, outeiro do lagarto, outeiro da bañeira do demo...), e onde salienta o gran fito do cumio, referente visual, xunto co Faro das Laceiras do val do Avia. O espazo está practicamente cuberto por carballeiras e fragas de interese botánico.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Serra · Monumento Natural de España
Fläche 998 m²
Höhe hier ≈ 703 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Ribadavia, 8,3 km entfernt
Einwohner der Gemeinde 1.172 (2025) · IGE
In der Nähe
Igrexa de Santo André de Abelenda das PenasKirchengebäude
Igrexa de San Martiño de BaldeKirchengebäude
Igrexa de San Pedro de BeiroKirchengebäude
Igrexa de San Miguel de CarballedaKirchengebäude
Igrexa de San Cosmede de FaramontaosKirchengebäude
Igrexa de San Xiao de MuimentaKirchengebäude
Igrexa de Santa María de Vilar de CondesKirchengebäudeIgrexa de San Xoán de OregaKirchengebäude