Brücke

Ponte Borela

Cerdedo Cotobade · Pontevedra

Ponte Borela

A Ponte Borela é un lugar da parroquia de Borela, no concello pontevedrés de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 35 habitantes (18 homes e 17 mulleres), 5 máis ca en 2006. Neste lugar atópase a capela da nosa Señora de Lourdes, moi preto da ponte medieval sobre o río Almofrei que dá nome ó lugar. A capela é de planta rectangular e cuberta a dúas augas, cunha porta de arco de medio punto. A ponte, do século XV, é dun van de arco oxival, de 8,15 metros de luz. Tamén hai un cruceiro de 1843.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe