Brücke

Ponte da Ramallosa

Santa Cristina da Ramallosa · Baiona · Pontevedra

Ponte da Ramallosa, brücke en Baiona

Foto: Patantxa · CC BY 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Brücke in Spanien, 55 m vom Caminho Português de Santiago.

A ponte da Ramallosa é unha construción románica sobre o río Miñor, entre as parroquias de San Pedro da Ramallosa (Nigrán) e Santa Cristina da Ramallosa (Baiona).

Historia

Segundo a tradición, a ponte foi mandada construír no século XIII por Pedro González Telmo, bispo de Tui, despois da fundación da vila de Baiona por Afonso IX (rei de León e Galicia) en 1201. Posiblemente con anterioridade houbera outra ponte, pola que discorría a vía romana XX (per loca maritima) do itinerario de Antonino. A ponte, de 36 m, ten 10 arcos, algúns apuntados e outros de medio punto, con luces de entre 3 e 5,5 m. Os piares teñen un espesor bastante uniforme, próximos aos 5 m. Os tallamares, situados a ambos os dous lados, son apuntados de planta triangular, formando uns apartadoiros ao nivel da calzada. Ten un perfil lixeiramente alombado cunha suave pendente. A calzada está pavimentada con lousas irregulares de pedra. A anchura entre os peitorís varía entre 3,17 e 3,37 m. O peitoril actual é baixo, formado por unha soa fiada de cachotes. Nun dos piares centrais hai un pequeno altar cun cruceiro, que ten na columna unha imaxe de San Telmo e unha escena dunhas ánimas queimándose no purgatorio. A carón da ponte celebrábanse ritos relacionados coa fertilidade, o chamado Bautismo anticipado. Segundo a tradición, a muller que non lograba ter fillos debía verter sobre o seu ventre auga do río. Para que este conxuro fora efectivo debía realizarse ás 12 da noite e, ademais, o padriño da criatura debía ser a primeira persoa que atravesase a ponte logo de realizar o rito.

Outros artigos

Bautismo anticipado

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Ponte en arco · Ponte románica

Höhe hier ≈ 0 m · Terrain Tiles

Nächster Ort A Ramallosa, 298 m entfernt

Jakobsweg Caminho Português de Santiago, 55 m entfernt

Einwohner der Gemeinde 12.366 (2025) · IGE

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Mit dem Bus hinkommen

Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

In der Nähe