Brücke
Ponte de Brandomil
Zas · A Coruña
%20-%20panoramio.jpg?width=640)
A ponte de Brandomil é unha ponte de pedra altomedieval que se atopa no lugar de Brandomil, na parroquia de Brandomil, no concello coruñés de Zas. == Historia == Ao parecer, no lugar de Brandomil (topónimo de orixe sueva) en época romana existía un importante cruzamento de vías que comunicaba o norte da Gallaecia coa costa Finisterrae e o sur. A coñecida vía Per Loca Marítima (vía XX do itinerario de Antonino) pasaría polo lugar. Xusto á beira da ponte existía un castro galaico que daría lugar a un posterior asentamento romano, cunha casa-vila romana Grandimiro (Claudomerius), pertencente ao itinerario IV de Antonino. Os romanos tiveron interese en se asentar nesta zona polas próximas minas de estaño do lugar de Limideiro. Isto xustifica a construción dunha ponte sobre o río Xallas. A inicial ponte romana, da que non quedan restos, sería modificada arredor do século XI ou XII, canto toma a feitura que se conserva. No século XVIII foi lixeiramente reforzada. En 1989 o arco central derrubouse tras unha forte riada. == Descrición == Feita en cantaría de granito, nada fica da súa orixe romana. A ponte actual ergueríase sobre a antiga arredor do século XI ou XII. Consta de catro arcos de volta perfecta, tres deles cunha luz de 8,20 m, o cuarto máis pequeno. Os dous arcos centrais, sobre o río, teñen rosca dupla cuns 20 cm de beiril. As bóvedas e os tímpanos son de perpiaño. Os tallamares son triangulares augas arriba e trapezoidais augas abaixo. Estes chegan até arriba formando apartadoiros. Consérvanse ben os peitorís e un treito de calzada. Atópase en bo estado de conservación, xa que existe unha ponte paralela para o tránsito rodado. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Ponte de Brandomil en Galicia Máxica. === Outros artigos === Brandomil, Zas Río Xallas === Bibliografía === LAREDO, X.L. e VÁZQUEZ EFRÉN, J.M. (1989): «Santa Comba, Zas», Deputación Provincial da Coruña. Troiano Carril, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- BRANDOMILa 264 mA Picota (centro saúde)-Brandomil · A Picota (centro saúde)-Brandomil · Santa Comba-Quintáns · Santa Comba-Quintáns
- BRANDOMILa 504 mSantiago E.I.-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Muxía (porto)
- A Calabandaa 514 mSanta Comba-Quintáns · Santa Comba-Quintáns
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
In der Nähe
- Pedra VixíaDolmen
- Igrexa de San Mamede de AlborésKirchengebäude
- Igrexa de San Cosme de AntesKirchengebäude
- Igrexa de San Pedro de BrandomilKirchengebäude
- Igrexa de Santa María de BrandoñasKirchengebäude
- Igrexa de San Xoán de GrixoaKirchengebäude
- Igrexa de San Cristovo de MallónKirchengebäude
- Castro de BrandomilWallburg