Brücke

Ponte Lubiáns

Carballo · A Coruña

Ponte Lubiáns

A ponte Lubiáns está situada sobre o río Rosende, entre as parroquia de Oca (concello de Coristanco) e a de Carballo (concello de Carballo). == Características == Tamén coñecida como Ponte Vella, é de orixe romana (un altar dedicado ao deus Cosus, protector das colleitas do agro, lembra a súa orixe), mais foi reformada na Idade Media. Está formada por catro arcos asimétricos e atravesada por un tallamar triangular na parte central. Ten unha lonxitude de 40 metros, con 2,60 m de ancho, e unha altura máxima de 5,40 m. É un resto conservado da antiga vía romana per loca marítima que, vindo de Grandimirum (Brandomil, no concello de Zas) atravesaba a parroquia de San Martiño de Oca para continuar polo concello de Carballo ata Brigantium, hoxe cidade da Coruña. Aparece xunto coa Torre de Nogueira no escudo do concello de Coristanco. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Franco Maside, R. M. (2001): La vía Per Loca Marítima: un estudio sobre vías romanas en la mitad noroccidental de Galicia. === Ligazóns externas === Ponte Lubiáns Arquivado 15 de marzo de 2016 en Wayback Machine., na páxina do Concello de Coristanco.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe