Hafen

Hafen von Vigo

Vigo · Pontevedra

Hafen von Vigo, hafen en Vigo

Foto: Dantadd · CC BY-SA 2.5 · Wikimedia Commons ↗

Hafen in Vigo, Spanien, auf 3 m Höhe, 2 km vom Caminho Português de Santiago.

O porto de Vigo está situado na ría de Vigo e é un dos maiores portos de pesca do mundo. É ademais a sede da compañía pesqueira Pescanova. No 2014 descargáronse 865.275 toneladas de peixe (un 4,89% máis ca no 2013), batendo a súa mellor marca histórica. Pertence á provincia marítima de Vigo. Vigo é a base de compañías pesqueiras con gran presenza en países como Namibia, Suráfrica, Mozambique, Australia, Arxentina, as Illas Malvinas, Chile ou Perú. O peixe é enviado a toda España e expedido a países como Portugal, Italia, Francia e outros mercados máis distantes, mesmo de Asia. En Vigo teñen lugar importantes feiras mercantís, como Conxemar, un evento anual dedicado os produtos pesqueiros conxelados. A World Fishing Exhibition ten lugar periodicamente.

Historia

A tradición da construción de buques comezou co século XX, coa aparición dos primeiros botes de pesca a vapor. Un destes modernos modelos, coñecidos como Vigo type steamer, foi moi popular en toda a costa da Península Ibérica e do norte de África, sendo construídos centos de exemplares. Outro momento decisivo do desenvolvemento foi nos anos 60, cando os novos buques conxeladores, que revolucionaron a industria pesqueira, se comezaron a construír. Os estaleiros de Vigo sempre foron líderes na construción de buques pesqueiros e un constante punto de referencia.

Estrutura

Está dividido do seguinte xeito: Terminal de Bouzas: divídese en dúas zonas: a destinada ó tráfico ro-ro, e o peirao de reparacións. Peiraos de Beiramar e O Berbés, destinados ó atraque de barcos pesqueiros de altura e baixura. Peirao de Cruceiros Alberto Durán Núñez. Peirao deportivo. Peiraos do Areal: comercial e transversal. Suman máis de 1.500 metros de lonxitude, destinados a carga xeral e fluídos. Teñen conexión ferroviaria. Terminal de Guixar: Peirao de 769 metros de lonxitude destinado ó tráfico de contedores, con conexión ferroviaria.

Gobernación

O porto de Vigo está gobernado pola Autoridade Portuaria de Vigo, independente do ente Portos de Galicia. O seu presidente, designado directamente polo goberno da Xunta de Galicia, é Rubén Marín Gallego desde 2025.

Galería de imaxes

Outros artigos

Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën Provincia marítima de Vigo Porto da Coruña Porto de Ferrol

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Porto

Höhe hier ≈ 3 m · Terrain Tiles

Nächster Ort Vigo, 688 m entfernt

Jakobsweg Caminho Português de Santiago, 2 km entfernt

Einwohner der Gemeinde 295.735 (2025) · IGE

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenOffizielle WebsiteRoute

Mit dem Bus hinkommen

Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

In der Nähe