Strand
Praia de Río Sieira
Xuño · O Porto do Son · A Coruña
Foto: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Strand in Spanien, auf 3 m Höhe, 9 km von O Porto do Son.
A praia de Río Sieira é un grande areal situado no concello do Porto do Son, na parroquia de Xuño, lugar da Coviña.
Características
Trátase dunha praia de ámbito virxe de case 1 km de longo e uns 28 m de anchura, na desembocadura do río Sieira, ao que se debe o seu outro nome, de Boca do Río. É unha praia illada, sen paseo marítimo, principalmente composta por rochas e area fina, branca e dourada. Ao estar formada na desembocadura do río Sieira, provocou a aparición dun sistema lagunar que permite bañarse tamén en auga doce e moito máis tranquila que a da praia propiamente dita. O seu nivel de ocupación, na temporada estival, é medio.
Acceso
Desde O Porto do Son, pola estrada AC-550, en dirección a Ribeira. Posúe dous accesos: un pola súa marxe dereita, que corresponde á parroquia de Caamaño, e outro pola marxe esquerda, que corresponde ao lugar da Coviña, na parroquia de Xuño.
Accesibilidade
Hai unha parada de autobús interurbano a 200 m da praia. Tamén pode accederse en coche, xa que hai aparcadoiro, non vixiado, nas proximidades da praia.
Servizos
Dispón de servizo de vixilancia durante o verán (Protección Civil). Hai sinalizacións de perigo claramente visíbeis. O hospital máis próximo é o Hospital da Barbanza, que se encontra a 9 km, no lugar de Salmón, na parroquia de San Martiño de Oleiros, no veciño concello de Ribeira.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Praia · Praia de rochas
Länge 950 m
Höhe hier ≈ 3 m · Terrain Tiles
Nächster Ort O Porto do Son, 9 km entfernt
Einwohner der Gemeinde 9.059 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- Caamaño818 m entferntRibeira E.A.-Noia E.A. · Ribeira E.A.-Noia E.A.-Santiago E.I. · Ribeira E.A.-O Porto do Son
- Caamaño826 m entferntRibeira E.A.-Noia E.A. · Ribeira E.A.-Noia E.A.-Santiago E.I. · Ribeira E.A.-O Porto do Son
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

