Strand
Praia do Lérez
Mourente · Pontevedra · 2009
Foto: Cojvgpt · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Flussstrand in Pontevedra, auf 4 m Höhe, 795 m vom Caminho Português de Santiago.
A praia do Lérez é unha praia galega situada no municipio de Pontevedra. É unha praia fluvial semiurbana cunha lonxitude de 100 metros.
Localización e acceso
A praia está situada na marxe esquerda do río Lérez, a uns 3 quilómetros da súa desembocadura na ría de Pontevedra, a 2 quilómetros do centro da cidade e a menos dun quilómetro do barrio de Monte Porreiro. Está situada fronte ao parque da Illa das Esculturas e moi preto da antiga ponte do ferrocarril. Aquí celébranse as tradicionais comidas campestres da romaría de San Benitiño de Lérez, onde é típico comer mexillóns. É facilmente accesible a pé desde o centro da cidade, ao longo do paseo do Lérez e desde o barrio de Monte Porreiro. Tamén se pode chegar en coche. A ruta de sendeirismo do Lérez comeza neste punto e percorre varios quilómetros ata Ponte Bora.
Descrición
É un areal recto, situado nunha contorna semiurbana. É unha praia fluvial de area branca. Ao redor da praia hai 5.000 metros cadrados de zonas de céspede e unha zona de pícnic con mesas e bancos de pedra. Tamén hai un pequeno peirao con chanzos de pedra sobre o río e un pequeno parque infantil. Toda a zona ocupa un total de 3 hectáreas. É unha zona de augas tranquilas que se beneficia dun pequeno brazo morto do Lérez. O mar está preto, polo que está suxeita á subida e baixada das mareas da ría de Pontevedra. O Servizo de Costas autorizou a súa apertura. A praia ten aseos, duchas, servizo de socorrismo, posto de primeiros auxilios, acceso para discapacitados, un pequeno aparcadoiro, papeleiras e un quiosco. A calidade da auga é boa. O baño está vixiado desde finais de xuño ata finais de agosto, de 12:30 a 20:30. A praia abriuse ao baño o 11 de xuño de 2009.
Outros artigos
Ria de Pontevedra Río Lérez
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Praia · Praia fluvial
Länge 100 m
Höhe hier ≈ 4 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Monte Porreiro, 762 m entfernt
Jakobsweg Caminho Português de Santiago, 795 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 83.339 (2025) · IGE
Anfahrt
Adresse Avenida de Buenos Aires, 122
Mit dem Bus hinkommen
- Lérez (farmacia)368 m entferntO Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Maunzo-Pontevedra E.A. · Silleda (marquesiña)-Pontevedra E.A. · Maunzo-Pontevedra E.A. · Maunzo-Pontevedra E.A.
- Empalme De Lérez373 m entferntO Castelo Alto-Pintos · O Castelo Alto-Pintos
- Empalme De Lérez389 m entferntA Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · Fontáns-Pontevedra E.A. · Fontáns-Pontevedra E.A.
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
In der Nähe
Basilika Santa María La MayorKathedrale
Mosteiro de San Salvador de LérezKloster
Convento de San Xoán de PoioKloster
Muralla de PontevedraBurg
Fortaleza e Torres Arcebispais (Pontevedra)Burg
Pazo de Castro MonteagudoPazo (galicischer Herrensitz)Pazo dos Gago e MontenegroPazo (galicischer Herrensitz)
Pazo dos Marqueses de ArandaPazo (galicischer Herrensitz)