Strand
Praia dos Bloques
Ribadeo · Lugo
Foto: Agremon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Strand in Spanien, auf 8 m Höhe, 655 m vom Camiño do Norte.
A praia dos Bloques é unha praia de Ribadeo situada na ría homónima. Está no lugar da Vilavella, ao sur do porto de Mirasol e preto da vila de Ribadeo, cara ao interior da ría. Está resgardada por un esporón construído paralelo á costa que é, segundo Isidoro Asensio Amor, a causa de que se acumule limo no fondo e pareza ocupar toda a extensión da ría cando baixa a marea. É unha praia portuaria semiurbana e de augas tranquilas, relativamente arredada dos circuítos turísticos habituais, polo que goza dun nivel de ocupación xeralmente baixo, ao que tamén contribúe a ausencia de servizos de hostelaría na contorna. Dotada de area fina e dourada, ten unha lonxitude de 120 m e unha anchura media de 25 m. Ten sinalización do estado do mar e papeleiras para a recollida do lixo. No verán dispón de servizo de salvamento, duchas e baños, mais non está recoñecida con bandeira azul. Ten tamén un pequeno aparcadoiro próximo e unha extensa zona de herba aos lados.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Fakten
Art Praia de area dourada
Untergrund Sand
Länge 100 m
Höhe hier ≈ 8 m · Terrain Tiles
Nächster Ort Ribadeo, 786 m entfernt
Jakobsweg Camiño do Norte, 655 m entfernt
Einwohner der Gemeinde 9.996 (2025) · IGE
Mit dem Bus hinkommen
- A Vilavella104 m entferntRibadeo E.A.-Cima de Vila (Arante) · Ribadeo E.A.-Cima de Vila (Arante)
- CEIP GREGORIO SANZ835 m entferntRibadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña)
- CEIP GREGORIO SANZ877 m entferntRibadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-A Aldea de Baixo (Vilamartín Pequeno) · Ribadeo E.A.-Cima de Vila (Arante) · Ribadeo E.A.-A Aldea de Baixo (Vilamartín Pequeno) · Ribadeo E.A.-Cima de Vila (Arante)
Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.
