See

Presa do Pontillón do Castro

Verducido · Pontevedra · 1956

Presa do Pontillón do Castro, see en Pontevedra

Foto: Adrián Estévez (User:Estevoaei) · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Stausee in Spanien, auf 208 m Höhe, 2,7 km vom Caminho Português de Santiago.

O encoro do Pontillón do Castro é un encoro situado na parroquia de Verducido (concello de Pontevedra), que fornece de auga potable á vila de Pontevedra. O encoro recibe a auga do río Rons (tamén chamado Loural) e outros regatos da zona. Xunto coa captación do Lérez a auga potabilízase na ETAP situada na estrada de Couso-Lérez.

Historia

A presa, de gravidade e construída en cachotería granítica, foi feita entre 1943 e 1956. Ten unha altura máxima de 23 m sobre os seus alicerces, con 159 m de lonxitude de coroación. O aliviadoiro, de lámina libre, é de formigón armado, e ten unha capacidade de evacuación de 50 m3/s. O depósito abrangue unha superficie de 10,8 hectáreas. Dado que o río Lérez non sempre leva auga abondo, en 1939 decidiuse ampliar o abastecemento de auga potable para a vila de Pontevedra, redactando o novo proxecto o enxeñeiro Rafael Picó. Foi adxudicado en marzo de 1943, custando a obra 998.014 pesetas máis 176.765 das expropiacións. En 1947 a presa retiña xa medio millón de litros de auga, decidindo ampliarse até os 23 m de altura. Fíxose tamén unha mellora da condución da auga ao depósito de Lérez, realizada por Antonio Maldonado por un prezo de Costa 800.000 pesetas. Logo da detección de fugas en 1949 realizouse unha impermeabilización da presa, rematando a obra en 1956. Xa na década de 1990 leváronse a cabo novos traballos de impermeabilización no paramento interior.

Deporte e lecer

En 2007 inaugurouse o Centro Deportivo do Pontillón do Castro, deseñado por José Ramón Garitaonaindía de Vera. No 2007 acolleu a realización do Campionato de Europa de piragüismo en augas tranquilas. No 2010, en colaboración coa Comunidade de Montes de Verducido, inaugurouse o Parque Forestal do Pontillón, con terreos reforestados logo da vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia. O espazo ten tres vías para o sendeirismo (a da Presa, a do Castro e a do Outeiro) e un rocódromo.

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Encoro

Länge 159 m

Höhe hier ≈ 208 m · Terrain Tiles

Nächster Ort Santo Antoniño, 3,6 km entfernt

Jakobsweg Caminho Português de Santiago, 2,7 km entfernt

Einwohner der Gemeinde 83.339 (2025) · IGE

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Mit dem Bus hinkommen

Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

In der Nähe