Kap

Punta da Frouxeira

Valdoviño · A Coruña

O faro de Punta Frouxeira é un faro da costa atlántica galega, situado na punta Frouxeira, na parroquia de Meirás (Valdoviño). Construído en 1992 pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, cun deseño vangardista, non empeza a operar ata xuño de 1994, en modo de proba, pasando a definitivo en novembro do mesmo ano. Ten unha elevación de 94 metros sobre o nivel do mar e un alcance de 21 millas. Ó pé do faro están situadas as praias dos Botes e da Frouxeira, e moi preto da Lagoa da Frouxeira

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenRoute

In der Nähe