Thermalbad
Termas da Chavasqueira
Ourense
.jpg?width=640)
As termas da Chavasqueira son unha área de augas termais situada en Ourense, na marxe do río Miño. Hai dous recintos, un no ámbito privado e outro no público. == Tipos de termas == As privadas ofrecen tratamentos de relaxación e de tratamentos de beleza. Tamén se pode gozar dun circuíto termal, piscinas termais ao aire libre, saunas etc. As súas augas presentan unha variedade de temperaturas. As de máis de 60 °C son bicarbonatadas, sulfuradas, sódicas, fluoradas e de mineralización media, apreciadas para tratamentos de reuma, artrite e curas antiestrés. Tamén son boas para despois dunha actividade física importante. As termas de uso gratuíto, son as primeiras que se acondicionaron na cidade para uso e gozo da poboación. A temperatura das súas augas son de entre 43 e 63 °C. Recoméndanse, como as privadas, para tratamentos e actividades físicas. O ambiente das pozas da Chavasqueira está formado por céspede, onde a xente aproveita para tomar o sol no verán. === Accesos === Están preto do parque dos bombeiros da cidade e da ponte do Milenio. Tamén se pode ir no autobús número 26 e no tren turístico da cidade, que ten saída na Praza Maior e no Parque de San Lázaro. == Historia == Antigamente o lugar coñecíase como Caldas do Bispo, en referencia ao Cardeal Quevedo, que decidiu no século XIX acondicionalas para maior comodidade dos enfermos que acudían a atopar unha cura. As piscinas atópanse nunha gran zona de céspede e contan con vestiarios, aseos e portelos. Xunto á beira do río, xa na auga, asómase a escultura dunha serea, obra do escultor Acisclo Manzano. Dependendo do caudal ás veces pode verse e outras non. En abril de 2019 as instalacións foron destruídas por un incendio. == Notas == == Véxase tamén == === Ligazóns externas === Termas da Chavasqueira, na páxina web Termas de Ourense. Termas da Chavasqueira, na páxina web Turismo de Ourense.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Anfahrt
Öffnungszeiten 24/7
Chegar en bus
- REZA (ESTRADA)a 236 mPonte Barxas-IES de Ribadavia-Ourense E.I. · Ponte Barxas-Ourense E.I.
- REZA (ESTRADA)a 328 mPonte Barxas-IES de Ribadavia-Ourense E.I. · Ponte Barxas-Ourense E.I.
- Estrada do Seminario 4a 419 mIES O Couto-Reboreda · IES O Couto-Reboreda
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.