Burg

Torre de Caldaloba

Cospeito · Lugo

Torre de Caldaloba

A torre de Caldaloba, tamén coñecida como castelo de Vilaxoán, é unha fortaleza de orixe medieval situada na parroquia de Pino, no concello de Cospeito. == Características == Érguese nunha zona da Terra Chá coñecida como A Balura, sobre o outeiro de Coto de Mato, que domina a pasaxe natural que comunica a comarca de Vilalba cos ríos Támoga e Miño, aproveitando un gran castro con catro grandes fosos. Na torre, resisitron durante 11 meses Costanza de Castro e mailo seu marido Fernán Ares de Saavedra o sitio de Diego López de Haro. A uns centos de metros está o pazo de Caldaloba, fundado en 1621 por Rodrigo Díaz Sanjurjo y Montenegro. Diante da deterioración da estrutura da torre, a Deputación de Lugo anunciou en xullo de 2022, a compra da parcela na que se sitúa a parte mellor conservada da fortaleza e a intención de acadar a propiedade completa. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Boga Moscoso, Ramón (2003). Guía dos castelos medievais de Galicia. Xerais. pp. 159–160. ISBN 84-9782-035-5. Huerta Fernández, Santiago; López Manzanares, Gema (1998). Informe sobre la estabilidad y consolidación de la torre de Caldaloba, castillo de Vilaxoan (PDF) (en castelán). Conselleria de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental. === Outros artigos === Castelos de Galicia Certame de poesía Torre de Caldaloba === Ligazóns externas === Web de Caldaloba

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

In der Nähe