Burg

Torre de Friol

Friol · Lugo

Torre de Friol, burg en Friol

Foto: José Antonio Gil Martínez · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Befestigter Bau in Friol, auf 483 m Höhe, 631 m vom Camino Primitivo.

A torre de Friol é unha fortaleza medieval situada no concello de Friol.

Historia

Probabelmente foi levantada no século XII, conservando da fábrica orixinal nos seus muros interiores marcas de canteiro semellantes aos das igrexas románicas levantadas nese século. Pertenceu á casa dos Altamira, e dela fixo morgado o conde Fernando de Freixomil. Tamén pertenceu aos Maldonado e á antiga liñaxe dos Prados (de orixe leonesa), que ten como estandarte o león rampante en sable sobre campo de ouro.

Características

A fortificación sufriu importantes modificacións, conservándose os restos máis antigos pegados ao pazo levantado con posterioridade. A antiga torre da homenaxe é de planta cadrada, medindo máis de dez metros de lado. Na súa fachada norte ábrese á altura do terceiro andar unha pequena xanela de arco monolítico falso. A fachada oeste, que olla para o antigo patio de armas, ábrese, nos dous últimos andares, por medio de dúas pequenas xanelas de feitura similar á anterior. A fachada leste coñécese co nome de Vara Alta e foi obxecto de múltiplas modificacións, conservando na súa parte máis antiga unha porta de arco de medio punto realizado con grandes doelas e xambas de aresta en chafrán. No lado esquerdo do conxunto consérvase outro corpo da fachada, posibelmente do século XVII, divida en tres andares. Ábrese cunha porta con arco moldurado, e un balcón con balaustrada de ferro, apoiada sobre canzorros de pedra. Na actualidade a torre da homenaxe presenta unha fenda no alto dun dos seus muros, o que fai que o edificio ameace ruína.

Outros artigos

Castelos de Galicia

Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗

Fakten

Art Festung

Höhe hier ≈ 483 m · Terrain Tiles

Nächster Ort Friol, 528 m entfernt

Jakobsweg Camino Primitivo, 631 m entfernt

Einwohner der Gemeinde 3.619 (2025) · IGE

Auf der Karte ansehenAuf Wikipedia lesenRoute

Mit dem Bus hinkommen

Haltestellen des regionalen öffentlichen Nahverkehrs. Eine Haltestelle bedeutet nicht, dass heute ein Bus fährt: Die Linien sind nach Anzahl der Fahrten sortiert, und die Fahrpläne stehen auf bus.gal ↗.

In der Nähe