Turm
Torre de Xunqueiras
A Pobra do Caramiñal · A Coruña

O Pazo Torre de Xunqueiras é unha casa señorial situada no lugar de Xunqueiras, na parroquia do Xobre, no concello coruñés da Pobra do Caramiñal. O edificio orixinal era unha fortaleza do antigo Reino de Galiza, do século XIII, que foi derrubada polos Irmandiños en 1467. No século XV converteuse en pazo. O edificio actual é practicamente do século XVIII, de estilo renacentista de inspiración italiana; da construción medieval consérvase a torre, mais moi modificada. No interior posúe un claustro pequeno e sinxelo. É de propiedade privada e, pola súa importancia artística e histórica, foi declarado Monumento Histórico-Artístico de Interese Nacional o 27 de marzo de 1981. As visitas non están permitidas, pero si se utiliza coma pazo de turismo rural e para celebracións de eventos e vodas.
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
Chegar en bus
- O Campiñoa 473 mA Pobra do Caramiñal E.A.-Hospital do Barbanza · A Pobra do Caramiñal E.A.-Frións
- Palmeira (O Campiño)a 473 mSanta Uxía de Ribeira-A Pobra do Caramiñal E.A. · Santa Uxía De Ribeira-A Pobra do Caramiñal E.A. · Aguiño (Centro Médico)-A Pobra do Caramiñal E.A. · Aguiño (centro médico)-A Pobra do Caramiñal E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A. · Santiago E.I.-Lestrobe-Bures-Ribeira E.A.
- O Campiñoa 479 mSanta Uxía de Ribeira-A Pobra do Caramiñal E.A. · Santa Uxía De Ribeira-A Pobra do Caramiñal E.A. · Aguiño (Centro Médico)-A Pobra do Caramiñal E.A. · Aguiño (centro médico)-A Pobra do Caramiñal E.A. · Santa Uxía De Ribeira-A Pobra do Caramiñal E.A. · A Pobra do Caramiñal E.A.-Hospital Do Barbanza
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.