Schutzgebiet in Natur- oder Landschaftsschutz
Zona de especial conservación de Negueira
Negueira de Muñiz · Lugo · 2004

Negueira é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe parte do encoro de Salime e abas do río Navia nese concello. Esta área de conservación ocupa 4.547 ha. do concellos de Negueira de Muñiz, na comarca da Fonsagrada. Destaca por ser unha zona de montaña, con clima atlántico pero influencia mediterránea, con bosques de castiñeiros, carballos e sobreiras e por se un lugar común dos osos pardos.
Xeografía
O espazo natural está por completo no concello de Negueira de Muñiz, na comarca lucense da Fonsagrada. Inclúe ás parroquia de Río de Porto, Ernes e parte das de Barcela (os lugares de Barcela, Cancio, Castelo, El Foxo, Rozadas, Vilauxín, ) e de Negueira (os lugares de Negueira, Pieiga, Sanformar e Seira). Inclúe un treito final do encoro de Salime, coas abas e regatos que chegan a este encoro. Este encoro está no treito alto do río Navia.
Fauna e flora
Flora
Os bosques fórmanos os castaños (Castanea sativa) e os carballos (Quercus robur) e sobreiras (Quercus suber) e nas ribeiras os abeneiros (Alnus glutinosa) e os freixos (Fraxinus excelsior). Entre os bosques prioritarios do espazo están os bosques de costas e barrancos e os sobreirais. Outras masas fórmanas os queirogais, que os forman as especies de Erica ciliaris e Erica tetralix. No espazo están ademais lugares de turbeiras activas.
Fauna
En Negueira está presente o oso pardo (Ursus arctos) e outras especies de conservación prioritaria, como o Cerambyx cerdo, os escornabois (Lucanus cervus), as londras (Lutra lutra) e os aguaneiros (Galemys pyrenaicus). As especies da fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:
Lexislación
Negueira foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte da Reserva da Biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón.
Galería de imaxes
Wikipedia-Text auf Galicisch, lizenziert unter CC BY-SA. Vollständigen Artikel lesen ↗
In der Nähe
- Igrexa de San Miguel de BarcelaKirchengebäude
- Igrexa de San Salvador de NegueiraKirchengebäude
- Igrexa de San Brais da Barqueiría de Río de PortoKirchengebäude
- Igrexa de San Pedro de ErnesKirchengebäude
- Capela de San Pedro de PieigaKapelle
- Capela de Santo Antonio de VilasecaKapelle
- Castelo de CantínWallburg
- Penas de LibriaBerg