Party
Arde Lucus
Lugo · 2000
O Arde Lucus (tamén escrito como Arde Lvcvs) é unha festa celebrada en Lugo a finais do mes de xuño que revive o pasado romano e castrexo da cidade amurallada e que xurdiu para conmemorar a declaración da Muralla coma Patrimonio da Humanidade no ano 2000. Chegou a xuntar nas súas dúas últimas edicións preto dun millón de participantes. En 2017 foi declarada Festa de Interese Turístico Nacional. Dende abril de 2011 é Festa de Interese Turístico Galego. A edición de 2013 celebrouse os días 14, 23 e 16 de xuño e ofreceu como novidade principal a participación de Arsdimicandi, un grupo de especialistas gladiadores procedentes de Bérgamo que participaron en series de televisión como Roma. A moeda oficial desta edición foi o Ás. == Historia == Esta festa que, tenta evocar a antiga Lucus Augusti do século III, comezouse a celebrar no ano 2000, medrando ano tras ano o número de persoas caracterizadas coas vestimentas típicas da época e visitantes, chegando no ano 2009 aos 460.000 participantes e deixando uns ingresos na cidade duns 10 millóns de euros. Cómpre destacar que ademais o concello conta coa colaboración de diversas asociacións para a celebración e ambientación do festexo, encargándose elas mesmas de moitas das actividades, como Cohors III Lucensium, Terra Copora, Lugdunum, Civitas Lucensis, Tír na nÓg ou Caetra Lucensium. En 2012 as novidades foron a creación dun senado romano, as xornadas gastronómicas Ars Magirica, ciclos de conferencias a cargo de historiadores e arqueólogos, venda de produtos oficiais como fibelas, vasos ou alfinetes ou a posibilidade de acuñar de moedas no propio campamento, ese ano o sestercio. Pola súa banda, a ONCE anunciou á posta a venda dun cupón especial ilustrado coa imaxe oficial do Arde Lucus, coa aguia sobre o lume, e co texto: «Arde Lucus. Lucus Augusti renacerá de novo». == Actividades == As actividades mesturan o pasado romano da cidade, que tamén "abre as portas" á celebración dos ritos celtas dentro das murallas. Macellum Un mercado artesanal onde se ofrecen produtos típicos típicos da época, ademais de espectáculos de maxia, malabares e música. É o principal punto de reunión dentro da festa, con diversos desfiles e espectáculos. Sitúase na Praza Maior. Castra Son unha serie de campamentos que teñen que montar os propios participantes, xa sexan grupos de particulares ou asociacións, onde os residentes no mesmo deben de morar ataviados coas vestimentas e obxectos típicos da época. Na súa última edición os campamentos foron situados no Carril das Estantigas, no interior da muralla. Ademais cada campamento pode realizar as súas propias actividades, sempre abertas ao público en xeral. Sinalar que os campamentos poden ser tanto romanos coma galaicos. Circus O circo romano ten lugar no Parque de Rosalía de Castro, onde se celebran actividades rememorando aos antigos circos romanos, con pelexas de gladiadores, carreiras de cuadrigas e outros espectáculos romanos. Vodas celtas e romanas Nesta actividade as parellas pódense casar polo antigo rito celta, unión amorosa que durará até o seguinte ano, onde os namorados poden decidir se renovan ou non os seus votos (concretamente é a muller a que decide se quere renovar a unión). Se o casamento se renova durante sete anos seguidos a unión pasa a ser definitiva. Coma proba da celebración, os noivos reciben un certificado de casamento. A voda romana é máis "definitiva". Teatro En numerosos puntos da cidade pódense atopar obras de teatro de todo tipo, dende comedias a os clásicos dramas, nas que moitas veces os viandantes pasan a formas parte da propia obra. Queima da muralla Nesta actividade recréase o asedio a unha cidade romana, mais pese ao seu nome celébrase no xa mencionado Parque de Rosalía e non na muralla da cidade, contando coa participación de tódalas asociacións e múltiples voluntarios. Comilonum É un gran banquete ao aire libre, onde as mesas son colocadas ao redor da muralla romana. Na edición de 2009 foi substituído pola Tabernae, un comedor localizado na praza da Soidade. Outras actividades…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Ronda da Muralla 56 (sindicatos)a 245 mAs Rodrigas-Lugo E.A. · As Rodrigas-Lugo E.A.
- Ronda da Muralla 70a 267 mMonforte E.A.-Hospital HULA · Hospital Monforte de Lemos-Hospital HULA · A Coruña E.A.-Matogrande-HULA-Lugo E.A. · A Coruña E.A.-Matogrande-HULA-Lugo E.A. · Monforte E.A.-Lugo E.A. · Hospital HULA-Monforte E.A.
- Avda. da Coruña (ronda da Muralla)a 341 mLugo E.A.-Lugo E.A. · Friol-Lugo E.A. · Friol-Lugo E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.