Petroglyph

Área arqueolóxica da Caeira

Poio (San Salvador) · Poio · Pontevedra

Área arqueolóxica da Caeira, petroglyph en Poio

Photo: Lansbricae from Santiago de Compostela, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗

Archaeological site in A Caeira, Spain, 147 m above sea level, 1.4 km from the Caminho Português de Santiago.

A área arqueolóxica da Caeira é un conxunto de gravados rupestres ao aire libre situado na ladeira do Monte Tomba, coñecido como Boa Vista, no concello de Poio, provincia de Pontevedra. Está formado por máis dunha vintena de gravados e petróglifos, tres dos cales están catalogados como Ben de Interese Cultural. Forman parte do grupo de arte rupestre de Terras de Pontevedra. Os petróglifos e gravados ao aire libre da Caeira, todos tallados en rocha granítica, coñécense dende principios do século XX grazas ao traballo do intelectual pontevedrés Ramón Sobrino Buhigas. Nas proximidades destes petróglifos tamén se atoparon indicios da posible existencia dun poboado da Idade de Bronce, polo que se cre que estes gravados foron realizados nesa época. A súa temática agrúpase en dous grandes bloques: xeométrico e naturalista, coa existencia dunha gran variedade de representacións como cervos, cazoletas, combinacións circulares e diversas figuras antropomórficas.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Petroglyph · Sitio arqueolóxico

Elevation here ≈ 147 m · Terrain Tiles

Nearest town Pontevedra, 1.8 km away

Way of St James Caminho Português de Santiago, 1.4 km away

People in the municipality 17,426 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby