Shipyard
Ferrol Naval Base
Ferrol · A Coruña · 1740
O Arsenal Militar de Ferrol é un estaleiro e base naval para o mar Cantábrico, construído no século XVIII, após a designación da vila de Ferrol como capital do Departamento Marítimo do Norte de España en 1726, coa intención de desenvolver a política naval de Filipe V e o seu secretario o Marqués da Ensenada. == Elementos do conxunto == Alxibe: ergueito en cantería de granito en 1860 para fornecer as necesidades de auga xurdidas do desenvolvemento da tecnoloxía a vapor. Axudantía maior e despensa: construída en 1853 ao que se lle engadiron obras posteriores. O seu obxectivo foi o de servir de residencia do xefe de seguridade militar e marítima do Arsenal. Foi ergueito sobre plano rectangular, con planta baixa e primeiro andar con balcóns e galerías acristaladas típicas da arquitectura galega da época. Batería da Cortina: proxectada por Francisco Llobet entre 1755 e 1759, trátase dunha batería artilleira para defensa da fronte de mar do Arsenal. Nela, destacan os contrafortes, o adarve que se protexía co parapeto de merlóns e troneiras para emprazar os canóns e unha polvoreira. Destaca a perfección de sus perpiaños de cantería de granito, así como de sus garitas. Campos de Áncoras Corpo de Garda Punta do Martelo: predio proxectado por Francisco Llobet en 1758 sobre planta rectangular con fronte de soportais a base de alicerces cúbicos e arcos de medio punto. Foi rehabilitado no século XX. Cuartel do Montón: rehabilitado en 1980. Dique de abrigo: de 730 metros de lonxitude, pecha e protexe as dársenas do Arsenal. Foi deseñado por C. Álvarez, M. Marín, F. Llobet e J. Sánchez Bort e supervisado por Jorge Juan Santacilia. Dique de San Xiao ou da Campá: para carenado en seco, conserva a súa función orixinal. Gran Tinglado: proxectado en 1765 foi un predio orixinalmente destinado a talleres de obradoiros varios para as carenas dos buques, en 1912 foi parcialmente derrubado no tramo intermedio para a construción dun novo dique seco. Actualmente é sede de oficinas e proxectos de Navantia. Foso e muralla: cimentado encol de caixóns de cachotaría, con cálculos matemáticos dos pulos das augas sobre as súas murallas. No pasado rodeou todo o perímetro con auga, seguindo unha liña quebrada pegada á parte exterior do muro do Arsenal, con 10 metros de largo e 5 de profundidade. Machina de Arborar Pañol do Contramestre Peiraos: datan do século XVIII. Teñen unha lonxitude aproximada de 950 metros no Arsenal do Parque e 1250 metros no Arsenal do Dique. Presentan ampliacións do século XX sen destrución da parte histórica. Foron construídos con dúas técnicas de cimentación distintas: unha con caixóns de cachotaría e outra con bancadas de cantería. Porta do Dique: a súa fachada segue un modelo clásico da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, cun deseño de portada de Giacomo Vignola ao que se lle sobrepuxo un ático con cartela e un grande escudo de armas de Carlos III de España entre outros elementos. Porta do Estaleiro: de 1857. Porta do Parque: parte do recinto amurallado que comunica Ferrol Vello co Arsenal. A última reforma data de 1858, de estilo neoclásico con perpiaños de granito, presenta un escudo de Armas Reais de Filipe V, sostido por dous leóns, procedente do antigo estaleiro e arsenal da Graña. A ambos os lados da porta, no interior do arsenal, dispuxéronse soportais de granito para os corpos de garda. Porto Chico e Canle de Entrada: para embarcacións auxiliares e menores. Presidio de San Campio: de 1765, a mediados do S.XIX os presos van ser trasladados á prisión da Escollera. Na actualidade serve como biblioteca e Museo Naval de Ferrol. Presidio da Escollera Residencia do Almirante: de 1765, deseñada por J. Sánchez Bort. Residencia do Capitán de Garda de Arsenais: predio de escaso tamaño e planta cadrada, ergueito con dúas alturas en 1859 co estilo propio do século XIX.…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- COSTA DE MELLAa 141 mO Porto-O Puntal · Porto-O Puntal (por Navantia) · Praza da Graña-Urbanización O Couto
- COSTA DE MELLAa 170 mO Porto-O Puntal · Praza da Graña-Canido · Praza da Graña-Urbanización O Couto · Porto-O Puntal (por Navantia)
- MERCADO DE SAN XULIÁNa 253 mO Porto-O Puntal · Praza da Graña-Canido · Mercado de San Xulián-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val · Mercado de San Xulián-Praza da Graña · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.