Cultural association
Ateneo Ferrolán
Ferrol · A Coruña · 1879

Photo: Deparpor · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Cultural association in Ferrol, A Coruña, 41 m above sea level, 53 m from the Camiño Inglés.
O Ateneo Ferrolán é unha asociación cultural sen ánimo de lucro con sede na cidade de Ferrol, fundada o 24 de marzo de 1879 baixo a denominación de Ateneo Artístico, Científico e Literario de Ferrol. É unha das institucións culturais privadas máis antigas de Galicia en funcionamento e ten como finalidade promover a cultura, a ciencia, o pensamento, a creación artística e a conservación do patrimonio documental, con especial atención á historia de Ferrol e da súa comarca. Ao longo da súa historia constituíuse como un espazo de encontro para intelectuais, investigadores, artistas e cidadanía, desenvolvendo unha programación continuada de conferencias, exposicións, presentacións de libros, concertos, actividades de divulgación científica e proxectos de recuperación da memoria histórica. Entre os seus principais activos atópanse a Biblioteca-Hemeroteca Ángeles Alvariño, especializada en historia local e galega, e un dos máis importantes proxectos privados de dixitalización documental de Galicia, mediante o que se puxeron en acceso aberto milleiros de publicacións históricas, fotografías e documentos patrimoniais a través de Internet Archive e do directorio estatal Hispana.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Asociación cultural
Elevation here ≈ 41 m · Terrain Tiles
Nearest town Ferrol, 611 m away
Way of St James Camiño Inglés, 53 m away
People in the municipality 64,903 (2025) · IGE
Getting there
Phone +34 981 357970
Address Rúa Magdalena 202-204, 15402, Ferrol
Getting there by bus
- COSTA DE MELLA170 m awayO Porto-O Puntal · Praza da Graña-Canido · Praza da Graña-Urbanización O Couto · Porto-O Puntal (por Navantia)
- COSTA DE MELLA202 m awayO Porto-O Puntal · Porto-O Puntal (por Navantia) · Praza da Graña-Urbanización O Couto
- MERCADO DE SAN XULIÁN288 m awayO Porto-O Puntal · Praza da Graña-Canido · Mercado de San Xulián-Mercado de San Xulián · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val · Mercado de San Xulián-Praza da Graña · Mercado de San Xulián-Cooperativa O Val
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.