Beach
Beach of Bens
Visma · A Coruña
Photo: Jorges65 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Beach in Spain, 9 m above sea level, 1.7 km from Meicende.
A praia de Bens é unha praia situada en Bens, no concello da Coruña. Está composta por area e grava, e atópase rodeada por acantilados. É unha praia airosa e de fortes ondas. Pódese chegar a ela a través da liña de autobús 6A. O areal ten escasa ocupación debido á contaminación das súas augas.
Contaminación e verteduras
Arredor da praia atópase a EDAR de Bens, a Refinaría da Coruña, a planta de tratamento de residuos de Nostián e unha caseta de bombas de augas fecais do concello de Arteixo. A praia foi empregada como vertedoiro da cidade até que se construíu o vertedoiro de Bens na década dos setenta. A praia de Bens ten recibido numerosas verteduras contamintantes ó longo do tempo. En 2005, vertéronse na praia máis de 1000 litros de gasóleo procedentes da Refinaría da Coruña, a través do Río Napal. A praia sufriu unha vertedura de lixo procedente da rede de saneamento de Arteixo en 2006. No ano 2008, os veciños denunciaron o estado da cala, que se atopaba chea de lixo. En 2013, operarios da planta de tratamento de lixo de Nostián ameazaron cunha folga por verteduras de lixiviados preto da praia de Bens. Ese mesmo ano produciuse unha vertedura procedente da EDAR nas inmediacións da praia, bloqueando o paseo entre A Seavella ou O Portiño e a praia de Bens.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Praia de area dourada
Ground Sand
Length 60 m
Elevation here ≈ 9 m · Terrain Tiles
Nearest town Meicende, 1.7 km away
People in the municipality 251,277 (2025) · IGE