Hot spring
Burga de Xermeade
Reis · Teo · A Coruña

Photo: Miguel Rodriguez Sanmartin (User:UL_mrsanmartin) · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Hot spring in Reis (Teo, A Coruña), 31 m above sea level, 293 m from the Caminho da Geira e dos Arrieiros.
A burga de Xermeade é un antigo manancial situado en Xermeade (Reis, Teo) á beira do río Ulla. Ten augas sulfuradas, cloruradas e sódicas, que xorden a unha temperatura constante de 15 °C. A fonte dun só cano, verte a un estanque circular duns 3 m de diámetro de pedra labrada, onde poden entrar a tomar o baño ata 24 persoas á vez. Non se sabe con certeza a época do seu descubrimento, pero polo menos hai máis de dous séculos que as augas medicinais se utilizan. Nesa época a fonte era de uso público, pero aló polos anos trinta do século XX unha familia tentou privatizar a fonte, pero os veciños de Pontevea presentaron un preito pola propiedade do manancial. Nos anos cincuenta dese mesmo século as autoridades permitiron a construción dunha pequena casa de baños mentres o xulgado non emitía sentenza sobre a titularidade das terras. Finalmente os veciños gañaron o preito e a casa de baños quedou en desuso, arestora está en ruínas reconvertida en merendeiro a carón da bañeira. O manancial, de gran sona en toda a bisbarra, acolleu visitantes chegados de toda Galicia. As últimas décadas do século XIX e primeiras do século XX foron as de maior relevancia, chegando a computarse ata 300 bañistas diarios que repousaban nas diferentes fondas e "casas de baño de Pontevea", chegando a funcionar ata 5 casas de baño. O manancial da burga de Xermeade figuraba nas principais publicacións sobre augas mineiro-medicinais dende mediados do século XIX, como o número 22 da Revista Médica publicado o 15 de xaneiro de 1849, aparecía recollido un artigo do ilustre químico galego Antonio Casares no que se mencionaban as sulfurosas augas da burga.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Augas termais
Also known as A Burga de Pontevea
Elevation here ≈ 31 m · Terrain Tiles
Nearest town A Ramallosa, 4.6 km away
Way of St James Caminho da Geira e dos Arrieiros, 293 m away
People in the municipality 19,038 (2025) · IGE
Getting there
Opening hours 24/7
Admission Free
Phone +34 981815700
Address Paseo Fluvial A Burga, 15883
Getting there by bus
- O CASTRO472 m awayPontecesures-A Estrada E.A. · Pontecesures-A Estrada E.A.
- Barco473 m awayIES Avelina Valladares-Barco · IES Avelina Valladares-Barco
- Barco508 m awayA Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Pontevea-AG59-Pontepedriña-Santiago E.I. · Soutelo I-Montouto-Santiago E.I. · A Estrada E.A.-Montouto-San Caetano · Santiago E.I.-Cuntis-Caldas de Reis-Pontevedra E.A.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Pontevea bridgeBridgeTorre de CousoPazo (Galician manor)
Sistema fluvial Ulla-DezaProtected area
Igrexa de San Salvador de BaloiraChurch building
Igrexa de San Miguel de CoraChurch building
Igrexa de Santa María de CousoChurch building
Igrexa de San Miguel de BarcalaChurch buildingIgrexa de San Xiao de VeaChurch building