Beach
Calsoa
Navia · Vigo · Pontevedra
Photo: Harpagornis · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Beach in Spain, 1 m above sea level, 1 km from the Caminho Português da Costa.
A praia da Calzoa ou praia das Barcas é unha praia galega localizada no municipio de Vigo, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia semiurbana cunha extensión de 175 metros.
Localización e acceso
Está localizada na parroquia viguesa de Coruxo, concretamente na beira esquerda da desembocadura do río Lagares. Un afloramento rochoso marca o límite coa praia da Foz. Desde a praia de Samil pode tomarse a PO-324 en dirección a Canido para chegar á praia de Calzoa, onde existe acceso peonil e aparcadoiros habilitados. A liña L10 de Vitrasa ten unha parada próxima a este areal. No ano 2025 realizáronse obras de mellora da accesibilidade na contorna da praia da Calzoa.
Descrición
Trátase dunha pequena praia de area fina branca con tonalidade crema. No areal pode encontrarse un tipo de embarcacións tradicionais de pesca, as gamelas coruxeiras, que forman parte do patrimonio cultural desta zona. A praia da Calzoa está catalogada como área de esparexemento canino. O uso canino da praia e a súa limpeza con maquinaria pesada teñen recibido críticas por parte de grupos ecoloxistas, que consideran que estas actividades supoñen un risco medioambiental.
Outros artigos
Coruxo Río Lagares Praia de Samil Praia do Vao
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Praia de area dourada · Praia urbana
Ground Sand
Length 270 m
Also known as Praia de A Calzoa
Elevation here ≈ 1 m · Terrain Tiles
Nearest town A Ponte, 2.2 km away
Trail nearby Caminho Português da Costa, 1 km away
People in the municipality 295,735 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Os Muíños903 m awayGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I.
- Os Muíños997 m awayGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I.
- Coruxo (Tomás Fdez.)1.1 km awayGondomar E.A.-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I. · Baiona-Ramallosa-Lourido-Panxón-Canido-Vigo E.I.
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.