Square
Campo da Leña
A Coruña
Photo: Walter McKenzie · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Square in A Coruña, Spain, 34 m above sea level, 242 m from the Camiño Inglés.
O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña situado entre os seus dous barrios, a Cidade Vella e A Pescaría. Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.
Historia
O campo da Leña era no que se celebraban mercados de forma regular. O nome proviña das mulleres que vendían alí a leña que recollían. Por este motivo a principios do século XX chegouse a formular a idea de construír nesta zona o novo mercado en lugar de en Santo Agostiño. No mesmo lugar tiñan lugar ademais execucións, polo que tamén recibía o nome popular de “campo da Forca”. Alí foi executado Juan Díaz Porlier en 1815, que é lembrado nun monumento de Francisco Escudero inaugurado en 1986 e que foi recolocado en 2011. A construción na década de 1940 dun edificio dividiu o campo en dúas partes, bautizadas como “praza de España” e “praza de Millán-Astray”, na que se colocou un monumento a este xeneral que foi retirado o 22 de xaneiro de 2010. En 2011, coa reforma da área recuperouse a nomenclatura “campo da Leña”. En 2015 cambiouse o nome da praza de Millán-Astray polo de “praza das Atochas”. A rúa que arrodea o colexio Grande Obra da Atocha foi bautizada en 1999 como Baltasar Pardal Vidal, que fundou a institución e do que tamén existe un monumento.
Entroido
O campo da Leña, no que remata a rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do entroido da Coruña. Como homenaxe a esta festa e ao San Xoán, en 2021 colocouse na zona a escultura "Sardiña", de Miguel Couto.
Arquitectura
Na praza das Atochas ten a súa fachada principal o cuartel de Atocha, construído en 1864. Entre os edificios catalogados no campo da Leña están: Nº 10 da praza de España, edificio de Eduardo Rodríguez-Losada (1910). Nº 11 da praza de España, edificio de Faustino Domínguez Coumes-Gay (1895). No campo da Leña existiu ata 1947 unha capela dedicada a San Roque, con fachada na rúa do Hospital.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Praza
Ground Flagstones
Also known as Campo da Leña
Elevation here ≈ 34 m · Terrain Tiles
Nearest town A Coruña, 253 m away
Way of St James Camiño Inglés, 242 m away
People in the municipality 251,277 (2025) · IGE
Getting there
Lit Si
Getting there by bus
- Rúa Orillamar 42259 m awayA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X) · A Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Real349 m awayA Coruña (por Salesianos)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
- Porta Real353 m awayA Coruña (por Obelisco)-Santiago (por AP-9 e San Lázaro)(X)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
