Mass grave

Campo de concentración da Lavacolla

Sabugueira · Santiago de Compostela · A Coruña

There is no photo of Campo de concentración da Lavacolla yet

If you have one, upload it to Wikimedia Commons ↗ with the coordinates set and it will reach this map on its own, and any other that uses open data. Or send it to us.

{{Location|42.89893|-8.42445}}

Francoist concentration camp in Lavacolla, Santiago de Compostela, 358 m above sea level, 857 m from the Camiño Francés.

O campo de concentración da Lavacolla foi un campo de prisioneiros franquista que funcionou entre 1937 e 1939.

Historia e características

En xuño de 1935 inaugurouse na Lavacolla un campo de voo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, as autoridades franquistas instalaron alí un campo de prisioneiros. O campo da Lavacolla foi pechado en novembro de 1939. As autoridades consideraron que o campo de voo da Lavacolla podería converterse no aeroporto de Galicia, pero precisábase ampliar a capacidade das instalacións. Para iso recorreron ao traballo dos presos. Dende 1940, varios batallóns traballaron nas instalacións para converter Lavacolla nun aeroporto transoceánico. Encargaron a construción de varias pistas ao batallón número 31, formado por 388 prisioneiros. Confinaron aos traballadores nunha antiga fábrica de curtidos, propiedade de Juan Hanguindey Broussain e posteriormente adquirida por Jacobo Varela de Limia. Os prisioneiros castigados eran encerrados nun hórreo de cantería de grandes dimensións xunto ao que pasaban nenos que lles daban pan e espigas de millo. Segundo o relato dos prisioneiros o batallón da mañá tiña que estar formado ás cinco. Dábanlles un cazo de café e levábanos formados de cinco en cinco e collidos da man. Tiñan que percorrer tres quilómetros antes de chegar ás obras. O outro batallón entraba ás 13:00 horas, ata ás 19:00. Ceaban ás 23:00 horas coles cocidas. O traballo era agoniante, tiñan que cavar e cargar oito ou dez vagonetas de metro e medio de terra e levalas por unha vía, para ir aplanando uns cerros". Dábanlles pouca roupa e ningún diñeiro. Cando escapaba algún prisioneiro, castigábanos facendo instrución despois do traballo. A morte era case segura para os que non recibían víveres da familia. Os prisioneiros do campo popularizaron a canción:

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Centro penal · Campo de concentración

Part of Campos de concentración franquistas

Elevation here ≈ 358 m · Terrain Tiles

Nearest town O Pedrouzo, 5.1 km away

Way of St James Camiño Francés, 857 m away

People in the municipality 100,842 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby