Castle

Tower of A Pena

A Pena · Xinzo de Limia · Ourense

Tower of A Pena, castle en Xinzo de Limia

Photo: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Cultural property in Xinzo de Limia, Spain, 717 m above sea level, 2.5 km from the Camiño Xabrés por Verín.

O Castelo da Pena, tamén coñecido como Torre da Pena, Castelo da Pena da Portela ou Torre da Pena da Portela, é un castelo de Xinzo de Limia que forma parte dun conxunto de fortificacións que antigamente protexían a liña fronteiriza na comarca da Limia coa función de previr os ataques, fundamentalmente dos exércitos portugueses. Está considerado como Ben de Interese Cultural e, xunto coa Torre do Castro en Sandiás e a Torre de Fírbeda, foi transferida polo Estado español á Xunta de Galicia no ano 2009.

Historia

Nos séculos centrais da Idade Media, a Comarca da Limia, ao ser terra fronteiriza, foi escenario de batallas entre monarcas de Castela e Portugal e os señores feudais que apoiaban a uns ou outros en función dos seus intereses. No ano 1386 foi conquistada polo Xoán de Gante e máis tarde, por herdanza dos Viedma, pasaría á casa de Monterrei. Posteriormente, a raíz do matrimonio da filla do conde de Monterrei (Francisca de Zúñiga e Viedma) cun membro do Condado de Lemos, pasaría a ser propiedade da casa de Lemos. As dúas familias Monterrei e Lemos disputaríanse devandita fortaleza nun preito pola súa posesión.

Estado de conservación

No século XVIII, tras incorporarse ao mordomo de Xinzo de Limia, foi abandonada. No presente consérvase a torre da homenaxe coas súas catro caras en perfecto estado de conservación e restos dunha muralla de planta oblonga que se adapta ás curvas de nivel do terreo na que aínda se poden ver xanelas seteiras.

Configuración arquitectónica

A torre ten planta cuadrangular de 10x10 metros e muros de considerable grosor (2,40 metros, construídos en perpiaño escuadrado colocados en filadas regulares). Aínda se conservan as marcas dos canteiros que a construíron. Na súa porta pódese apreciar ménsulas decoradas nunha folla de oito pétaos sostendo o lintel do arco de descarga no que se adiviña o escudo de armas dos Viedma. O seu interior está configurado en tres plantas cubertas con bóveda de canón. Na primeira planta, onde se sitúa a entrada, a bóveda é moi alta para posibilitar un andar de madeira intermedio cuxa funcionalidade sería doméstica.

Importancia estratéxica

Cos seus 747 metros sobre o nivel do mar (o seu vértice xeodésico sitúase ao redor dos 758 metros) esta torre desenvolveu un importante papel como posto militar de defensa estratéxica na zona da fronteira portuguesa. A porta da torre localízase a certa altura e, desaparecendo a escaleira de madeira que daba paso ao seu acceso, faise case imposible entrar, o que propiciou a súa boa conservación. Pódense adiviñar outros restos como a canteira próxima dende onde se extraía a pedra para a súa construción. A súa localización estratéxica no alto dun outeiro faina ben visible dende practicamente calquera punto da comarca da Limia, que até o século XX ocupaba a lagoa de Antela.

Galería de imaxes

Outros artigos

Lista de castelos de Galicia Lista de monumentos da provincia de Ourense

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Castelo · Monumento

Protected as Ben de Interese Cultural

Elevation here ≈ 717 m · Terrain Tiles

Nearest town Xinzo de Limia, 5 km away

Way of St James Camiño Xabrés por Verín, 2.5 km away

People in the municipality 9,655 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby