Castle

Castle of Maceda

Maceda · Ourense

Castle of Maceda, castle en Maceda

Photo: Lansbricae · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

Cultural property in Maceda, Spain, 631 m above sea level, 675 m from Maceda.

O castelo de Maceda é unha fortificación de orixe medieval situada no concello de Maceda. O actual conxunto arquitectónico presenta un predominio de elementos palacianos sobre os elementos defensivos, froito da extensa remodelación promovida na Idade Moderna para adecualo ás funcións residenciais.

Historia

A súa orixe remóntase aos últimos anos do século XI, cando foi iniciada a torre da homenaxe, posiblemente por determinación real. Máis tarde, o castelo e os seus dominios foron doados como dote de María Fernández, filla do conde de Trava e da condesa de Portugal, Teresa de Leão, co gallo do seu matrimonio con Xoán Ares de Novoa, pasando a integrar os dominios dos Novoa. Segundo a tradición, neste castelo criouse o rei Afonso X, sendo aquí onde aprendeu a lingua galega. Durante a Gran Guerra Irmandiña o castelo foi atacado e arrasado polas forzas irmandiñas, comandadas por Diego de Lemos. No século XVII constatouse que era o conde de Maceda, Alonso de Lanzós e Novoa, descendente de Afonso de Lanzós, un dos principais dirixentes dos irmandiños. No século seguinte pasou a mans da familia Taboada, e desta á do pazo de Fefiñáns de Cambados. Desde o século XVII o complexo viuse deteriorando, até que en 1993 o concello de Maceda o adquiriu, iniciando obras de restauración que espertaron polémica, sinalando algúns estudosos que parte das solucións arquitectónicas ás que se recorreu durante a reconstrución non foron as máis adecuadas. Actualmente está restaurado, funcionando como hotel-monumento.

Características

Está construído con perpiaños de granito regulares, que conservan as marcas dos canteiros que os cortaron. O elemento máis antigo é a torre da homenaxe, de planta cadrada, que se remonta ao século XI. Accédese a través dunha porta con arco de volta perfecta. No primeiro pavimento ábrense dúas seteiras, estando o segundo profundamente reformado. A torre está envolvida por unha cerca, recorrida no seu alto por un adarve e besteiras, delimitando unha praza de armas. Nela ábrese unha cisterna escavada na rocha para salvar unha diferenza de setenta metros para chegar ás augas do río Chaioso. Na Idade Moderna comezaron as obras para adecuar a edificación á función de morada, construíndose novas dependencias. A muralla exterior tamén foi obxecto de significativas reformas. Confórmase en catro lados con ameas con besteiras e outras ameas con buracos. Dous dos seus vértices refórzanse, un cunha torre de planta cadrada, e ,no outro extremo, cunha de planta circular, nos demais hai contrafortes defensivos. Nunha última fase construtiva, o conxunto foi adecuado aínda máis á función residencial, agregándolle máis elementos palacianos, miradoiros abalaustrados e unha solaina.

Outros artigos

Castelos de Galicia

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

Period Medieval

What it is Castelo · Monumento

Also known as A Torre

Protected as Ben de Interese Cultural

Elevation here ≈ 631 m · Terrain Tiles

Nearest town Maceda, 675 m away

People in the municipality 2,872 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby