Castle
Salvaterra Castle
Salvaterra · Salvaterra de Miño · Pontevedra
Photo: jose · Public domain · Wikimedia Commons ↗
Cultural property in Salvatierra de Miño, Spain, 25 m above sea level, 315 m from Salvaterra de Miño.
O Castelo de Salvaterra é un castelo medieval, tamén coñecido como Castelo de dona Urraca. Localízase na vila de Salvaterra de Miño, nunha atalaia ao pé do río Miño, fronte á vila portuguesa de Monção.
Historia
Remóntanse as súas orixes aos séculos X e XI. Foi escenario de moitos dos enfrontamentos entre España e Portugal. Nel Dona Urraca dirixiu, aliada con Diego Xelmírez, o ataque contra a súa irmá Tareixa que se proclamara raíña de Portugal no 1121 e que, derrotada na Batalla de San Mamede, tívose que refuxiar no castelo de Lanhoso. No 1479 Pedro Madruga defendeuse nel do exército enviado polo arcebispo Alonso II de Fonseca. Desde o ano 1643 ata 1659 pertenceu a Portugal, que proclamara a súa independencia o 1 de decembro de 1640, xa que García Sarmiento de Soutomaior, Conde de Salvaterra deixara a praza ao mando do portugués Gregorio Lopes de Puja. Este chamou ao conde de Castel-Melhor, Xoán Rodrigo de Vasconcelos e Souza, que ocupou a fortaleza (Gregorio Lopes abriulle as portas da vila), tras atravesar o Miño, o 15 de agosto de 1643, non sen enfrontamentos coas xentes do lugar. Os portugueses reforzaron e melloraron as súas defensas construíndo novos lenzos de murallas e reforzando os baluartes facendo del un castelo case inexpugnable. Por este motivo os españois preparáronse para ocupar Monção tratando de romper a cabeza de ponte con Salvaterra e rodearon o castelo coas fortificacións do Castelo de Santiago de Aitona, a de Fortaleza de Fillaboa e a atalaia de San Pablo de Porto. A de Fillaboa foi atacada (por 2.000 infantes e 50 xinetes portugueses) e desfeita apenas construída e volveu ser levantada inmediatamente. Tamén atacaron os portugueses a atalaia de San Pablo de Porto aos poucos meses de ser construída, tendo tamén que ser reconstruída. Este complexo de fortificacións conseguiu o seu obxectivo permitindo a ofensiva sobre Monção, coa axuda da artillaría do castelo de Santiago de Aitona. Finalmente Monção foi ocupada o 7 de febreiro de 1659, polo que os portugueses tiveron que entregar Salvaterra completamente rodeada, que foi rendida dez días despois ao Marqués de Viana. As fortificacións que axudaran enormemente a vitoria convertíanse deste xeito nun gran perigo, polo que a Xunta de Guerra decidiu, o 29 de maio de 1659, a demolición das dúas primeiras, só deixando a atalaia de San Pablo de Porto.
Descrición
Ocupa unha superficie de 9.700 metros cadrados conformados polo recinto amurallado coas súas garitas, a Casa do Conde, o Pazo de Dona Urraca e a Capela da Virxe da Oliva. Do século XII consérvanse as chamadas Covas de Dona Urraca, coa súa escaleira de caracol.
A Capela da Virxe da Oliva
É de planta rectangular e está cuberta de tella árabe a varias vertentes. Aparece brasonada cunha representación da Virxe e coróase cunha Cruz e pináculos barrocos con bolas.
Estado actual
O concello de Salvaterra de Miño adquiriu a súa propiedade e realizou un plan de rehabilitación aínda non concluído. Pese a isto permanece en bo estado de conservación e é posible a súa visita. Hoxe en día[cando?] o castelo é un centro cultural. Forma parte do Programa Fortrans, aprobado no ano 2006, co obxectivo da recuperación e posta en valor das fortalezas fronteirizas de ámbalas marxes do río Miño.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Castelo · Monumento
Also known as Castelo de Salvaterra
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 25 m · Terrain Tiles
Nearest town Salvaterra de Miño, 315 m away
People in the municipality 10,632 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Salvaterra266 m awaySalvaterra-Vigo E.I. · A Devesa (Salceda)-Rúa Ourense · Nieves (pavillón)-Vigo E.I. · Salvaterra-A Agrela · Salvaterra-Vigo E.I. · Uma-Salvaterra
- Salvaterra269 m awaySalvaterra-Vigo E.I. · A Devesa (Salceda)-Rúa Ourense · Nieves (pavillón)-Vigo E.I. · Salvaterra-Hospital Álvaro Cunqueiro (Ponteareas) · Salvaterra-Vigo E.I. · Salvaterra-A Agrela
- Alto Do Galo436 m awayIES de Salvaterra de Miño-As Cernadas · IES de Salvaterra de Miño-As Cernadas
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
