Castle
Castle of San Carlos
Fisterra · A Coruña · 1800
Photo: Luis Miguel Bugallo Sánchez · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Military building in Fisterra, 7 m above sea level, 188 m from the Camiño de Fisterra-Muxía.
O castelo de San Carlos é unha fortificación defensiva construída no século XVIII durante o reinado de Carlos III de España para defender a costa galega dos ataques de barcos estranxeiros, xunto co castelo do Príncipe e o castelo do Cardeal.
Historia
As constantes invasións e incursións marítimas da costa galega nos séculos XVII e XVIII por parte de corsarios ingleses e franceses propiciaron a construción dunha serie de bastións defensivos ao longo das Rías Altas, cuxo principal obxectivo era garantir a seguridade da poboación e dos recursos da terra. Unha destas fortalezas foi o castelo de San Carlos, construído na vila de Fisterra. Outras fortalezas defensivas foron o castelo do Príncipe en Cee, o castelo do Cardeal en Corcubión e o castelo do Soberano, que xa non existe, en Camariñas. A súa construción comezou baixo a dirección dos enxeñeiros Demaur e Exaccha a mediados do século XVIII, porén só se realizou a proxección xeral, a nivelación do xacemento, a cimentación en rocha a base de pedra e barro e un tramo de muro. Mantívose así ata que unha Real Orde de Carlos III de España ordenou a súa finalización.[cando?] En 1809, durante a Guerra da Independencia de España, as tropas francesas saquearon e incendiaron o castelo. Tempo despois reconstruíuse e en 1892 o Estado vendeullo en poxa pública a Plácido Castro Rivas, industrial natural da vila. En 1948 o seu fillo Plácido Castro del Río, doou o inmoble ao Concello para crear un museo. En 2006 inaugurouse o Museo da Pesca, da man da Confraría de Pescadores e maila Consellaría de Pesca da Xunta de Galicia. O museo expón a evolución da pesca ao longo do tempo en canto a embarcacións e artes, os costumes da xente do mar, e os naufraxios acontecidos nesta costa.
Arquitectura
A súa forma é irregular para adaptarse ás esixencias do terreo rochoso xa que está situado na beira do mar. Tiña unha nave central para as tropas formada por 28 soldados de infantería, a polvoreira e tres troneiras. Apuntando á ría, 11 canóns preparáronse para unha posible invasión.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
Period Early modern period
What it is Defensive fortification
Current use Museo
Elevation here ≈ 7 m · Terrain Tiles
Nearest town Fisterra, 328 m away
Way of St James Camiño de Fisterra-Muxía, 188 m away
People in the municipality 4,690 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Fisterra408 m awaySantiago E.I.-Olveiroa-Dumbría-Fisterra-Muxía (porto) · Santiago E.I.-Olveiroa-Dumbría-Fisterra-Muxía (porto)
- Fisterra418 m awayCORUÑA E.A.-FISTERRA · FISTERRA-MUXÍA-PONTE DO PORTO-CAMARIÑAS · FISTERRA-MUXÍA-PONTE DO PORTO-CAMARIÑAS · CORUÑA E.A.-FISTERRA · Santiago-Bertamiráns-Noia-Muros-Cee-Fisterra · Santiago-Fisterra
- Fisterra (centro saúde)535 m awayFisterra (centro saúde)-Padrís · Fisterra (centro saúde)-Padrís
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
