Castle
Castle of Sandiás
Sandiás · Ourense
Photo: David Perez · CC BY 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Cultural property in Sandianes, Spain, 656 m above sea level, 763 m from the Camiño Xabrés por Verín.
O Castelo de Sandiás, tamén coñecido como A Torre de Sandiás, ou coma A Torre do Castro, é un castelo situado nun outeiro illado, tendo o seu pé o lugar do Castro, no concello de Sandiás, na comarca da Limia, provincia de Ourense.
Historia
A fundación deste castelo aparece envolta en varias lendas relacionadas, incluso, con Bernardo do Carpio (século IX). Foi construído sobre un antigo castro, quizais na primeira metade do século XII. Participou nas guerras fronteirizas pola posesión do condado da Limia, entre o rei de Galiza, León e Castela, Afonso VII e Afonso Henriques de Portugal. No ano 1386 foi asaltado polo duque de Lancaster. Máis tarde no ano 1467 arrasárono os Irmandiños e logo da revolta reconstruíuse de novo. Na guerra hispano-lusitana do século XVIII, foi punto de concentración de tropas. Foi posesión das máis poderosas familias da provincia. Conta a lenda que dentro do castelo hai un pozo con varios metros de auga, pozo que é a entrada a un salón cheo de ouro. Para desencantalo e poder acceder ó ouro hai que levar un ovo dunha pita negra e maila propia pita. Sóltase a pita no salón e, cando sae o xigante que protexe o ouro, armado cun machado, debe estampárselle o ovo na fronte, co que o xigante desaparecerá. Pero se non se lle dá co ovo, o xigante matará ó intruso .
Situación actual
Hoxe só queda parte da torre da homenaxe, na que se poden admira-los seus grosos muros. Constaba, ademais de soto, con tres pisos e terraza superior. Ó seu pé pódese admirar unha extraordinaria panorámica da desecada lagoa de Antela e da Limia Alta.
Outros artigos
Castelos de Galicia
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Castelo · Monumento
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 656 m · Terrain Tiles
Nearest town Xinzo de Limia, 6.7 km away
Way of St James Camiño Xabrés por Verín, 763 m away
People in the municipality 1,087 (2025) · IGE
Getting there by bus
- O Castro (cruzamento)311 m awayA Fontela (cruzamento)-IES Lagoa de Antela · A Fontela (cruzamento)-IES Lagoa de Antela
- A TORRE312 m awayA Fontela (cruzamento)-CEIP de Sandiás · A Fontela (cruzamento)-CEIP de Sandiás
- Santa Ana (núcleo)576 m awayA Fontela (cruzamento)-IES Lagoa de Antela · A Fontela (cruzamento)-CEIP de Sandiás · A Fontela (cruzamento)-IES Lagoa de Antela · A Fontela (cruzamento)-CEIP de Sandiás
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Church of Santo Estevo de SandiásChurch building
Capela de San Bieito da UceiraChapel- Centro de Interpretación da Lagoa de AntelaInterpretation centre
- Aeródromo de AntelaAirport
Igrexa de Santa María de Couso de LimiaChurch building
Igrexa de San Xóan de Piñeira de ArcosChurch building
Igrexa de Santiago de CoedoChurch building
Igrexa de San Miguel de TorneirosChurch building