Castle
Castillo de Villamarín
Vilamarín · Ourense
Photo: Alma · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Fortified building in Vilamarín, 429 m above sea level, 1.8 km from the Camiño Xabrés.
O castelo de Vilamarín, tamén coñecido como Pazo de Vilamarín, é un pazo que conserva moito da súa función como fortificación medieval, e que na actualidade funciona como sala de exposicións albergando ao mesmo tempo unha exposición permanente da obra de Xaime Quessada. Foi declarado Monumento Histórico-Artístico en 1977.
Situación
Érguese no lugar coñecido como Casal de Bouza, lugar este que pertenceu aos dominios do mosteiro de Oseira, no concello ourensán de Vilamarín. Sitúase nun lugar pouco elevado sobre unha pequena elevación de rocha granítica que domina as terras chairas que o rodean.
Historia
As orixes deste edificio son descoñecidas. O certo e comprobable é que a vila de Vilamarín foi unha das doadas por Afonso VII ao tenente do Castelo de Allariz en recompensa aos seus servizos na guerra. Esta doazón foi confirmada por Fernando III O Santo e por Sancho IV. O pazo pertenceu ao conde de Ribadavia e foi destruído durante a revolta irmandiña en 1467. Despois de sufrir un período de abandono, a finais do século XVII, xa formando parte da propiedade do conde de Maceda, foi obxecto de profundas reformas que lle conferiron o actual aspecto de pazo fortificado con solucións arquitectónicas barrocas. No ano 1603 segundo noticias de Ángel del Castillo o conxunto permanecía deshabitado. Tempo máis tarde vincularase ao conde de Taboada. Segundo Ángel del Castillo, a finais do século XVII figura esta Casa como propiedade do Conde de Maceda. O Catastro de Ensenada confirma esta noticia no século XVIII, xa que di que en Vilamarín o Conde de Maceda "tiene una casa en el Lugar de Fortaleza, de un alto, con su bodega, granxa, cozina y caballerizas e que paga por todo iso ao Convento de San Paio de Antealtares". Durante o século XIX pasou por varios donos. A principios do século XX pertenceu á familia de la Maza. Pedro de la Maza vendeullo a Juan López Suárez, que o tivo durante 24 anos, pasando logo a mans de José Vicoña Otero ata que no ano 1976 llo vendeu a actual propietaria, a Deputación Provincial de Ourense. Esta comezou unha serie de obras de restauración do conxunto que remataron no ano 1987. A dirección das mesmas estivo a cargo do arquitecto Carlos Fernández-Gago Varela. O resultado final foi merecedor da medalla de prata da Asociación Española de Amigos de los Castillos.
Descrición
Exterior
O edificio, construído en perpiaños de granito cóbrese cunha cuberta de tella a catro augas, tellado do que sobresaen catro chemineas, unha delas particularmente interesante. Esta cuberta únese aos muros por medio dunha cornixa moldurada. A cheminea da cociña elévase ata cinco metros e é de sección cadrada de máis de dous metros de lado. Presenta unha planta poligonal irregular con sete esquinas, produto da incorporación dos varios engadidos ao longo do tempo e que da como resultado unha especie de hexágono alongado que semella un rectángulo. En palabras de Taboada Chivite trátase "de una composición insólita y de formulación ingeniosamente arbitraria" Cinco torres con matacáns beirís apoiados en modillóns dominan o conxunto. Delas tres son de sección circular e dúas, as que dan cara ao norte, de sección cadrada. Nos lados menos protexidos, o noroeste e o suroeste, unha barbacana duns seis metros de altura reforza o sistema defensivo. Nas ás noroeste e suroeste non necesitan de barbacana xa que o terreo baixa con moita pendente e xunto coa altura do muro exterior fannos inaccesibles. A Porta principal ábrese na fachada noroeste entre a torre circular dunha das esquinas e outra torre semicircular situada no centro deste pano noroeste. A porta é de arco de medio punto formado por grandes doelas de coidada cantería. Por encima dela unha estreita balconada con balaustrada une as dúas torres que flanquean o acceso. Tanto esta balconada como os beirís dos matacáns teñen canoneiras de defensa orientadas cara a defensa da porta. Da torre da esquerda da portada parte un muro que limita a pequena rampla de acceso e cuxo deseño obriga a unha entrada acodada antes de alcanzar a porta.…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Castelo · Pazo
Elevation here ≈ 429 m · Terrain Tiles
Nearest town Cea, 7.5 km away
Way of St James Camiño Xabrés, 1.8 km away
People in the municipality 1,838 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Fondo de Vila223 m awayCPI Antonio Faílde-Pazos de Monte · CPI Antonio Faílde-Pazos de Monte
- IES VILAMARÍN456 m awayXardín do Posío-Vilamarín · Xardín do Posío-Vilamarín-Amoeiro-Xardín do Posío · Xardín do Posío-Amoeiro-Vilamarín-Xardín do Posío · Ourense E.I.-Vilamarín-A Tolda (por IES Vilamarín) · Xardín do Posío-Vilamarín · Xardín do Posío-Vilamarín (a demanda)
- BORULFE (ROTONDA)483 m awayCPI Antonio Faílde-Pazos de Monte · CPI Antonio Faílde-Pazos de Monte
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Ponte SobreiraBridge
Igrexa de Santa Baia de BoimortoChurch building
Igrexa de Santa Baia de LeónChurch building
Igrexa de San Salvador do RíoChurch building
Igrexa de San Xoán de SobreiraChurch building
Igrexa vella de Santa María de TamallancosChurch building
Igrexa nova de Santa María de TamallancosChurch building
Igrexa de Santiago de VilamarínChurch building