Remarkable tree

Castiñeiro de Pumbariños

Manzaneda · Ourense

Castiñeiro de Pumbariños

O castiñeiro de Pumbariños é un castiñeiro senlleiro da especie Castanea sativa Mill. Forma parte do Souto de Rozavales. No ano 2000 foi incluído no catálogo de árbores senlleiras. Está dentro da ruta turística ruta Ourense Oriental da Xunta de Galicia.

Características

Está situado no lugar do Souto de Rozavales, na parroquia de San Martiño de Manzaneda, en Manzaneda. Ten un perímetro medio de 12,15 m (entre 13 e 15 en función da altura do toro) e podería ter arredor de 500 anos, polo que sería a árbore galega coñecida máis vella. É un exemplar enxertado, como a maioría no Souto de Rozavales, polo que durante séculos foi aproveitado para a recollida das súas castañas.

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby