Hillfort
Castro de Ancos
Neda · A Coruña

O castro de Ancos sitúase no cumio máis baixo dos tres que compoñen o Monte de Ancos, a 262 metros de altura. Localízase sobre o barrio de Casadelos, no concello coruñés de Neda. == Morfoloxía == É un castro típico de cumio, desde o que se pode observar todo o val, a desembocadura do río Grande de Xuvia e a ría de Ferrol. Nun día claro pódese chegar a ver A Coruña. Mide no seu eixo N-S arredor de 105 m, e no eixo E-0, 80 m. Pódense observar dúas murallas. A exterior ten 6 metros de ancho, e unha altura exterior de 15 dm e outra interior de 3 dm. A muralla interior tería un ancho de 35 dm, unha altura exterior de 15 m. Segundo algúns investigadores, do muro exterior parte unha vía de 2,5 m de ancho con pequenos muros aos lados, que conduce ata un dos cumios. Pola vexetación de fieitos, así como polos espazos ao ar, pódese deducir que esta empedrado. Do muro que rodea o cumio parte outro, dun metro de ancho aproximadamente, que baixa polo monte ao longo de 200 m. Nas beiras pódense ver restos dalgunhas edificacións. De formar unha unidade, podería tratarse dun conxunto de gran tamaño, se cadra, a famosa cidade Libunca da que falan os historiadores. == Estado == Na actualidade esta moi destruído, porque cando se fixo a pista, que atravesa as murallas polo leste e o oeste, quedou bastante aplanado. O tramo de foxo que se pode observar estaáno lado sur. As entradas son todas recentes. Algunhas persoas do lugar din que hai algúns anos, no cumio no que remata a vía, podíanse ver, a ras de chan, os alicerces dunhas construcións que tiñan forma circular. Non se sabe se estaban ou non rodeadas de muros ou terrapléns. Así mesmo afírmase que a pista aberta no ano 1987, que destruíu boa parte do que alí había, atravesou o que ben podía ser o antecastro, hoxe considerado como parte principal. == Lendas == Corre a lenda de que o monte está cheo de auga e que algún día todo rebentará e Neda desaparecerá. A tradición conta que o castro corresponde a unha antiga cidade de mouros chamada Libunca. Cerca do castro existe unha fonte á que chaman Laureana (ou Aureana), na que se aparece unha galiña con pitos de ouro, na noite de san Xoán. Esta galiña era unha das tres fillas dun señor que alí vivía: Laureana, Aureana e Ana. Este home quedou viúvo e volveu casar, pero cunha muller que trataba moi mal ás fillas, ata o punto de que as transformou en queixos e, incluso, comeu un cacho dun deles. Pero un raio caeu sobre unha árbore que tiña a casa e xurdiron tres cabalos das raiceiras que quedaron ó descuberto: eran as tres fillas daquel home. Dous cabalos fuxiron pero o terceiro non puido, xa que estaba coxo: era a irmá maior, Laureana, e a pata que lle faltaba era o cacho que a madrasta lle comera ó queixo. Este cabalo converteuse en fonte, da que sae a galiña na noite de san Xoán, se coincide con lúa chea, e tras dar unhas voltas regresa ás augas. == Véxase tamén == === Bibliografía === Reigosa, Antonio (2014). Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías. Vigo: Xerais. p. 112. ISBN 978-84-9914-780-2.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Ferrerías (vivendas sindicais)a 976 mPraza de Galicia-Sedes-Praia da Frouxeira · Praza de Galicia-Sedes-Praia da Frouxeira · Plaza de Galicia-A Porta do Sol-Praia da Frouxeira (por Sedes)
- CASAS SINDICAISa 978 mCPI DO FEAL-PEDROSO · CPI DO FEAL-PEDROSO
- Ferrerías (apeadeiro) IIa 1.0 kmPraza de Galicia-Sedes-Praia da Frouxeira · CPI DO FEAL-PEDROSO
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.