Hillfort

Castro of Baroña

Baroña · O Porto do Son · A Coruña · 6 m

Castro of Baroña, hillfort en O Porto do Son

Photo: Luis Miguel Bugallo Sánchez (Lmbuga) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Hillfort in O Porto do Son (Spain), 6 m above sea level, 4.1 km from O Porto do Son.

O castro de Baroña é un castro e xacemento arqueolóxico situado na parroquia de Baroña, no concello do Porto do Son, provincia da Coruña. O asentamento está construído nunha península, situándose a súa ocupación nos séculos I a. C. e I d. C.

Descrición

Declarado Ben de Interese Cultural no 2011 pola Xunta de Galicia, converténdose nun dos castros máis visitados da comunidade autónoma, inclusive por peregrinos. Posuía dúas murallas ao seu redor e consérvanse 20 vivendas circulares ou alongadas. No istmo que une o poboado ao castro escavouse un foxo de catro metros de ancho e tres de fondo que constitúe a primeira liña de defensa. A continuación hai unha muralla consistente en dous muros de cachotería case paralelos cun recheo de area e pedras. Pénsase que orixinariamente continuaba até conectar coa muralla do poboado, creando un espazo probabelmente non ocupado con vivendas. A muralla principal, ben conservada, ten dous panos. Un deles, á dereita, consiste en tres muros de cachotería que soben graduados e o da esquerda é semellante ao do istmo. Á dereita da abertura de entrada houbo un cubo defensivo e os muros estréitanse, polo que se supón que se fechaba cunha porta que non deixaría pasar os carros. Posibelmente, a muralla arrodeaba o castro case completamente. A entrada ao interior consiste nunha rampla. A zona habitada estrutúrase en catro áreas. Na primeira, á esquerda hai unha construción na que había un banco corrido ou, segundo outra interpretación, un simple alicerce. Nela acháronse unha lareira, un furado para un poste e varios ladrillos de barro. Puido ser unha forxa. Fronte á porta da muralla hai outras construcións ovais con vestíbulo e outra que tamén puido ter sido outra forxa. O sector seguinte está separado por un muro, que talvez servía para conter a terra, e pásase a el subindo unhas escaleiras, as mellor conservadas dos castros galegos. Distínguese un "barrio" de casas que delimita unha "praza" protexida do vento. Un sendeiro leva ao sector máis alto do poboado, no que tamén hai construcións. O poboado debeu de ser autosuficiente. Dentro do castro non hai auga, nin mananciais nin alxibes, polo que debeu ser preciso ila procurar no exterior. Pénsase que a alimentación tiña como principal fonte o mar: lapas, mexillóns, caramuxos e peixes; tamén se consumían bóvidos, cabras, ovellas e landras. Hai restos de metalurxia (fornos), traballo da pedra e de tecido (fusaiolas).

Escavacións arqueolóxicas

Cítase por primeira vez a mediados do século XVIII na obra Viaje a Galicia, 1754-1755, de Frei Martín Sarmiento. O castro de Baroña foi escavado por primeira vez en 1933 por Sebastián González-García. As seguintes campañas arqueolóxicas foron as de J. M. Luengo (1969-1970), Francisco Calo Lourido e Teresa Soeiro (1980 a 1984), Francisco Calo en 1985 e, posteriormente, Ángel Concheiro Coello, que o consolidou. O 21 de maio de 2012 iniciouse unha nova campaña de escavación e rehabilitación do castro. O espolio do castro indica unha vida moi curta para esta construción. Nos niveis máis antigos recolléronse anacos dunha ánfora, probablemente de procedencia púnica, que poderían achegar por paralelismo ós séculos IV - III a. C., se ben aparecen mesturados con materiais do século I a. C. O xacemento foi ocupado entre os séculos I a. C. e finais do I d. C.

Galería de imaxes

Outros artigos

Cultura castrexa Os Barbanzóns

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

Period Neolithic · Castro culture

What it is Settlement

Condition En ruínas

Area 2 m²

Elevation 6 m

Nearest town O Porto do Son, 4.1 km away

People in the municipality 9,059 (2025) · IGE

Getting there

Opening hours 24/7

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby