Hillfort

Castro of Burela

Burela · Lugo · 34 m

Castro of Burela, hillfort en Burela

Photo: Spytrap · Public domain · Wikimedia Commons ↗

Hillfort in Burela (Spain), 34 m above sea level, 1 km from Burela.

O Castro de Burela é un antigo castro que se atopa no concello de Burela, na provincia de Lugo. É confundido frecuentemente co Chao do Castro e son famosos por neles atoparse o torque de Burela, entre outros instrumentos como arracadas e puntas de frechas.

Morfoloxía

Está asentado sobre un terreo elevado á beira do mar Cantábrico, preto do cabo Burela. O seu acceso a terra está delimitado por uns muros definidos, aínda que bastante colmados por terra, e unha rampla de acceso aínda visible. Obsérvase a muralla da croa e outros murados. Dende o paseo marítimo de Burela pódese observar perfectamente, posto que a estrada pasa xusto ao seu carón. Pódense distinguir varios grupos de estruturas a simple vista, como son: a croa e os seus muros, a rampla de acceso ó castro, os muros de división internos e os muros defensivos asociados a foxos. Aínda que esta análise e moi intuitiva, é unha ferramenta útil para entender a morfoloxía e posible extensión do castro. Preto atópase o Chao do Castro, outro asentamento castrexo que está moi alterado pola construción de vivendas. Confundidos habitualmente un co outro son claramente diferentes tanto en estrutura como posiblemente en función. Ámbolos dous están perfectamente catalogados no inventario municipal e no rexistro da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Burela Torque de Burela Castro de Rueta Chao do Castro

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Hillfort · Sitio arqueolóxico

Elevation 34 m

Nearest town Burela, 1 km away

See on the mapRead on WikipediaDirections

Getting there by bus

Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.

Nearby