Hillfort
Castro de Castrelo
Soesto · Laxe · A Coruña
There is no photo of Castro de Castrelo yet
If you have one, upload it to Wikimedia Commons ↗ with the coordinates set and it will reach this map on its own, and any other that uses open data. Or send it to us.
{{Location|43.19450|-9.00502}}
Fortified settlement in Soesto, Laxe, 72 m above sea level, 2.3 km from the O Camiño dos Faros.
O Castro de Castrelo é un castro galaico, datado aproximadamente entre a Segunda Idade de Ferro e o cambio de era, pertencente á denominada cultura castrexa.
Situación
O castro está situado no lugar de Castrelo, na parroquia de Soesto, no concello coruñés de Laxe, moi cerca da estrada AC-433, que une Laxe coa Ponte do Porto.
Descrición
A escavación, realizada entre varias casas da aldea, amosa un gran muro dun ancho superior aos tres metros, cunha grande entrada de carácter monumental, similares á do próximo Castro de Borneiro ou ao de Elviña, con grandes laxes que cobren o seu chan. A muralla posúe un característico escalonado común a outras escavacións da Idade de Ferro en Galiza. Ao carón da entrada monumental, á súa esquerda, advírtese unha segunda porta que está tapiada, algo que se repite uns metros máis ao norte, onde atopamos outra porta tapiada. Na zona interior do castro aprécianse os posibles inicios dun corpo de garda, un achado pouco habitual nas escavacións de castros galegos. O castro presenta unha interesante configuración de plataformas e parapetos, agochados baixo un piñeiral.
Escavacións
Aínda que o castro xa estaba catalogado por Patrimonio, non foi ata o inicio das obras de ampliación da estrada AC-433, en 2009, cando o poboado saíu á luz. As escavacións do Castrelo iniciáronse a raíz da resolución da Delegación Provincial da Consellería de Cultura na Coruña do 28 de abril de 2009, na que se expuña que o trazado das obras proxectadas para a mellora da estrada afectaba á área de cautela do xacemento arqueolóxico. A lexislación galega implicaba a realización dunha serie de intervencións arqueolóxicas previas para avaliar as implicacións do proxecto sobre o patrimonio histórico da zona, se ben as primeiras escavacións comezaron en febreiro dese mesmo ano. As escavacións comezaron no verán dese mesmo ano, centrándose na parte do xacemento máis próxima ao trazado inicial da vía. O descubrimento do castro fixo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas planificar a modificación do trazado da estrada. As investigacións desenvolvéronse en tres fases sucesivas: Prospección: Os traballos sacaron á luz a muralla exterior do recinto, que resultou ser máis amplo do que se pensaba nun principio, segundo explicou o arqueólogo Juan Cano. Porén, os estudos non foron máis aló e a pequena área escavada só puxo de manifesto que o asentamento estaba rodeado dunha dobre muralla e que a porta de entrada foi modificada en tres ocasións, así como a datación estimada en 2.200 anos. Porén os traballos non superaron a entrada, polo que se descoñece se a croa é un espazo baleiro ou se polo contrario ten restos de construcións. As escavacións non permitiron desvelar a importancia real que poida ter o xacemento, xa que case non se produciron achados, posiblemente a causa de terse escavado nunha zona exterior do castro. Sondaxes arqueolóxicas: Escavación en área:
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Hillfort
Also known as Castro de Castrelo
Elevation here ≈ 72 m · Terrain Tiles
Nearest town Laxe, 3 km away
Trail nearby O Camiño dos Faros, 2.3 km away
People in the municipality 2,881 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Baio (cruzamento)187 m awayCORUÑA E.A.-LAXE-MUXÍA · IES Maximino Romero de Lema-Ponteceso · IES Maximino Romero de Lema-Ponteceso · CORUÑA E.A.-CORME-MUXÍA · CORUÑA E.A.-RONDA DE OUTEIRO-LAXE-MUXÍA
- Serantes (glorieta)189 m awayIES Maximino Romero de Lema-Ponteceso · IES Maximino Romero de Lema-Ponteceso
- Baio (cruzamento)192 m awayCORUÑA E.A.-CORME-MUXÍA · CORUÑA E.A.-MALPICA-MUXÍA
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
