Hillfort
Castro de Leiro
Abegondo · A Coruña

O castro de Leiro é un castro situado no lugar de Loureiro na parroquia de Leiro, no concello coruñés de Abegondo. == Morfoloxía == Consta dun único recinto fortificado de forma ovalada. Está defendido por un parapeto de entre 3 e 4 metros de altura en entre 7 e 20 de anchura. No arco O-N-L o parapeto está reforzado cun foxo, que acada os 15 metros de ancho, e un segundo parapeto duns 3 metros de altura e 13 de anchura. Hai indicios de que na parte oeste houbo un segundo foxo O recinto ten 108 metros de diámetro no eixo NO-SE e 88 no eixo NE-SO. O sector norte, a parte traseira, está desaparecida, co foxo cunha estrada por riba. No sector leste está tamén afectado. Inda así os resto dos sectores do castro consérvanse axeitadamente. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Os Campos (Leiro)a 348 mViós (instituto)-Betanzos (biblioteca)
- Os Campos (Leiro)a 349 mViós (instituto)-Betanzos (biblioteca)
- Leiro (igrexa)a 377 mIES de Viós-Barrio · IES de Viós-Barrio · CEIP San Marcos-Vilacova (igrexa) · CEIP San Marcos-Vilacova (igrexa)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.