Hillfort

Castro de Lobadiz

San Xurxo da Mariña · Ferrol · A Coruña

Castro de Lobadiz, hillfort en Ferrol

Photo: Nemigo · CC0 · Wikimedia Commons ↗

Archaeological site in Spain, 7 m above sea level, 7.8 km from Mugardos.

O castro de Lobadiz é un castro costeiro fortificado, situado nunha península na parroquia de San Xurxo da Mariña, Ferrol.

Descrición

O castro ten defensas concéntricas, cun foxo no medio; formando polo leste, sobre o istmo, un arco duns 150 metros, onde está situada a entrada actual. Da terceira liña defensiva exterior só se conservan uns metros. O resto do perímetro da península está defendido por cantís. A península mide 180 metros de N-S e outros 160 metros de L-O. No castro había un torreón xa desaparecido, pódense ver restos dalgunha vivenda rectangular e con ángulos redondeados. En varias escavacións, nos anos 70, atopáronse restos de cerámica, lousas e muíños de man. Moi preto do castro hai unha fonte e unha praia protexida. Nas illas Gabeiras, situadas fronte ao castro, téñense atopado restos de cerámica. O actual castro está abandonado, sobre el construíuse un faro e acceso para vehículos, tamén houbo un posto de vixilancia do exército agora en ruínas. No mapa da Coruña de Francisco Coello, de 1865, a península na que está o castro recibe o nome de Punta Gabeiras ou de Levadizo.

Mitos e lendas

No libro Laia, a nena da Illa, de Ánxela Loureiro, fálase deste castro e dos seus poboadores. A protagonista da obra, unha rapaza chamada Laia, vive diversas aventuras en relación co castro, os seus habitantes e mesmo as tropas romanas. Conta unha lenda, tamén relatada no libro, que nas proximidades do castro (e non no seu interior, como é habitual) foron atopadas, por un labrego de Valón, alfaias clasificadas por especialistas como xoias castrexas.

Outros artigos

Castros de Galicia Cultura castrexa Arco Ártabro

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

Facts

What it is Hillfort

Also known as O Castro

Elevation here ≈ 7 m · Terrain Tiles

Nearest town Mugardos, 7.8 km away

People in the municipality 64,903 (2025) · IGE

See on the mapRead on WikipediaDirections

Nearby