Hillfort
Castro de Riotorto
A Laracha · A Coruña
O castro de Riotorto, tamén chamado Os Castros ou o Petón do Castro, era un castro situado na parroquia de Cabovilaño, no concello coruñés da Laracha. == Morfoloxía == O sitio arqueolóxico foi destruído polos movementos de terras derivados das obras de construción da autovía AG-55, entre A Coruña e Carballo. Consérvase só unha pequena parte do recinto, pero non é accesible. Constaba dun único recinto fortificado de forma ovalada protexido por un terraplén de 5 metros de altura. A croa estaba protexida polo leste por un pequeno antecastro rodeado por un parapeto de metro e medio de altura exterior. As dimensións do conxunto eran de 52 metros no eixo norte-sur e 75 no leste-oeste. == Arqueoloxía == Foi escavado por un equipo de arqueólogos dirixido por Purificación Soto Arias en 1992, con motivo das obras da autovía. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña === Ligazóns externas === Catálogo de elementos a protexer ou a recuperar[Ligazón morta]. Revisión do PXOM de Abegondo. Outubro 2010
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- FÁBRICA DE CERÁMICAa 250 mCentro saúde Laracha-S. Roman-Grixario
- BAR CAAMAÑOa 387 mLARACHA-BRAGUNDE
- CANCELO 2a 606 mCentro Saude Laracha-Grixario · Centro saúde Laracha-S. Roman-Grixario · Centro Saude Laracha-Grixario
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.