Hillfort
Castro of San Cibrao de Las
San Amaro · Ourense · -020

O castro de San Cibrao de Las, tamén coñecido como A Ciudá, Lambrica, Lansbrica ou Lanobrica, é un dos castros galaicos en proceso de escavación de maior tamaño entre os localizados no territorio da actual Galicia, e un dos catro piares da Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Do resultado dos estudos arqueolóxicos pódese definir un período de ocupación continuada desde o século II a.C. ata o século II d.C., e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías. A Cidade é o nome tradicional entre as xentes dos arredores. Os nomes de Lambrica, Lanobriga e Lansbrica proceden de diversas lecturas que foron feitas sobre unha ara romana dedicada ao deus galaico Bandua, existente nunha casa particular na veciña parroquia de Eiras. Polo seu tamaño pode compararse co de Santa Trega e coas citanias do norte de Portugal, poboamentos galaicos ou galaico-romanos da cultura castrexa que se caracterizan polo seu avanzado estado de romanización e as súas grandes dimensións. Entre os expoñentes máis significativos pódense citar a citania de Briteiros, o castro de Monte Mozinho e o de Sanfíns.
Situación
Situado no tramo medio do río Miño, dista 18 quilómetros da cidade de Ourense. Ocupa terreos pertencentes aos concellos de Punxín e de San Amaro, nas parroquias de San Xoán de Ourantes e San Cibrao de Las respectivamente, no extremo das chairas de Las e Eiras. Foi construído sobre unha pequena elevación, a 473 metros sobre o nivel do mar, a carón do dominante Monte de San Trocado, de 550 metros de altitude, no que tamén se atoparon restos dun castro dun período inicial da cultura castrexa. O San Trocado impide o contacto visual directo do río Miño desde o castro. Este contacto visual si que o mantén cos castros de Santa Águeda, Trelle ou Coto do Castro (no Chan da Ferradura). O castro localízase nun punto de difícil defensa, nun pequeno outeiro con pronunciadas pendentes polo leste, algo menos polo norte e suaves polo oeste e o sur.
Escavacións arqueolóxicas
O estudo deste castro comezou cunha primeira visita ás ruínas por parte de Florentino López Cuevillas e Vicente Risco no ano 1921. A impresión extraída do observado nesta visita levounos a solicitar os correspondentes permisos para realizaren unha escavación oficial. Estes permisos foron outorgados ao ano seguinte.
Primeiras escavacións (1922 - 1925)
En 1922 López Cuevillas dirixiu a realización dunhas primeiras catas na croa (o recinto máis interior) que deron como resultado a descuberta dos alicerces dunha construción de planta cuadrangular. Tamén demostraron que a croa estaba delimitada por unha muralla simple. Estes traballos tiveron continuidade ata o ano 1925 e centráronse na zona sueste do segundo recinto, ou antecroa. Nesa zona puxeron ao descuberto construcións de diversas tipoloxías: de planta elíptica, circular, ovaladas, rectangulares e cadradas, ademais da fonte ou alxibe. Estas campañas procuraron obter unha definición do conxunto do sitio.
Segundas campañas (1948 - 1950)
Desde o ano 1948 Xaquín Lorenzo, coa colaboración e orientación de Cuevillas, dirixiu dúas campañas nas que se traballou na croa. Descubríronse construcións circulares e rectangulares, xunto coas portas do nacente e o poñente da muralla interior. Na antecroa escavaron no sector de poñente e exploraron a segunda muralla e o foso dianteiro e reescavaron a fonte-alxibe.
Abandono e inicio da etapa de recuperación e limpeza
No ano 1953 os asistentes ao 3º Congreso Nacional de Arqueoloxía visitaron as escavacións e recoñeceron a súa importancia e a súa monumentalidade. Porén, este recoñecemento non impediu que se sucedesen anos de abandono e depredacións do sitio. Pouco tempo despois a denuncia e eficaz xestión de Xesús Ferro Couselo paralizaron a masiva extracción de pedra, que se estaba a levar a cabo para utilizala como grava para o acondicionamento das rúas do Carballiño e arredores.…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- CRISTIMILa 486 mO Carballiño (auditorio)-Rubiás-O Carballiño (auditorio)
- CRISTIMILa 489 mO Carballiño (auditorio)-Rubiás-O Carballiño (auditorio)
- Lasa 760 mO Carballiño (auditorio)-Rubiás-O Carballiño (auditorio)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
Nearby
- Parque Arqueolóxico da Cultura CastrexaMuseum
- Balneario de LaiasSpa town
- Monte de San TrocadoMountain
- Mosteiro de VentoseloMonastery
- Mosteiro Budista de VentoseloMonastery
- Igrexa de Santa María de FeáChurch building
- Igrexa vella de Santa Cruz de ArrabaldoChurch building
- Igrexa de Santa María de AstarizChurch building