Hillfort
Castro de Santa Icía
Ferrol · A Coruña

O Castro de Santa Icía é un poboado castrexo fortificado de chaira situado na parroquia de Santa Icía de Trasancos, no concello de Ferrol. == Descrición == O castro destruíuse hai tempo[cando?] para construír vivendas, só queda no terreo unha pequena elevación, un pequena parte do muro empregada como linde de leiras e na zona o topónimo Castro. O castro tiña forma case circular duns 60 ou 70 metros de diámetro. Había dous tramos dun segundo muro ao NL que delimitaban o que puidera ser o antecastro ou protección da entrada. O castro tiña dúas entradas: unha posterior ao NO e outra ao NL. Os muros da croa e do antecastro eran de pedras e terra. Pola banda NL un rego do río Freixeiro contornea o castro. Nos traballos da terra apareceron pedras circulares. Preto del está o castro da Croa de Leixa. == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Cultura castrexa Arco Ártabro
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- A PALLOTAa 387 mHospital Naval-O Porto · Hospital Novoa Santos-O Porto · Hospital Novoa Santos-Canido · Hospital Naval-Canido · Hospital Novoa Santos-Porto (por Navantia)
- A PALLOTAa 390 mO Porto-Hospital Naval · O Porto-Hospital Novoa Santos · Canido-Hospital Novoa Santos · Canido-Hospital Naval
- A Pallota (tapicería)a 481 mO Porto-Hospital Novoa Santos · Canido-Hospital Novoa Santos · Canido-Hospital Naval · Hospital Arquitecto Marcide-Estrada de Castela (Gascón)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.