Hillfort
Castro de Subiña
Oleiros · A Coruña

O castro de Subiña, tamén chamado Vixía de Subiña ou Atalaia de Subiña, é un castro situado na parroquia de Serantes, no concello coruñés de Oleiros. == Morfoloxía == Consta dun recinto fortificado a través de dúas estruturas circulares concéntricas. As súas dimensións son duns 140 metros de diámetro, o recinto principal ten uns 75 metros de diámetro no eixo norte-sur e 65 metros no eixo este-oeste. Está defendido na súa metade norte por un muro de ata 3 metros de altura exterior. Sobre el hai un parapeto de 1,5 metros que descende cara ao sur. O segundo recinto, concéntrico respecto do anterior, atópase defendido por un terraplén duns 2,5 metros de altura. O acceso a ambos recintos realízase pola parte meridional. == Conservación == Obras recentes de construción de varias vivendas unifamiliares afectaron parcialmente ó terraplén da plataforma exterior. Actualmente a vexetación impide acceder ós restos do castro. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña === Ligazóns externas === Catálogo. PXOM de Oleiros. Novembro do 2008.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Dexo (Torre)a 839 mTeatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello)
- Dexo (Torre)a 846 mLorbé-Mera-Rialta-Santa Cruz-Teatro Colón · Concello de Sada-Carnoedo-Teatro Colón · Sada (concello)-Carnoedo-Teatro Colón (por Rialta) · Concello de Sada-Dexo-Teatro Colón
- Dexo (igrexa)a 1.0 kmTeatro Colón-Santa Cruz-Rialta-Mera-A Valexa · Teatro Colón-Carnoedo-Sada (concello)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.