Hillfort
Castro de Tembra
Brión · A Coruña
O castro de Tembra é un castro situado na parroquia de Boullón, no concello coruñés de Brión. == Morfoloxía == Consta dun recinto fortificado que se localiza nunha pronunciada aba dos Altos da Faboira, a uns 300 metros sobre o nivel do mar. A pendente do terreo é máis acusada no eixo norte-sur, onde o desnivel chega aos 10 metros. A parte máis elevada do recinto é a súa beira máis próxima ó cumio do sistema montañoso no que se encrava. Os desniveis máis acusados áchanse ó leste, ó sur e ó poñente. Na actualidade só é visible un dos parapetos defensivos, que está separado do recinto habitado por un foso de entre 5 e 7 metros de anchura. As dimensións do castro son de 100 metros no eixo norte-sur e 110 metros no eixo este-oeste. == Arqueoloxía == Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. == Véxase tamén == === Outros artigos === Castro Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña === Ligazóns externas === Catálogo de bens culturaisArquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. PXOM de Brión. Xuño do 2003.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- O Casala 215 mA Graña-Rúa da Rosa · A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A GRAÑA-SANTA COMBA (Noitebus)
- O Casala 223 mA Graña-Rúa da Rosa · A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A GRAÑA-SANTA COMBA (Noitebus)
- Liñares (cruzamento Tembra)a 751 mA Graña-Rúa da Rosa · A Graña-Rúa Nova (noitebus) · A GRAÑA-SANTA COMBA (Noitebus)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.