Hillfort
Castro do Sino
Vimianzo · A Coruña
Aínda non hai foto de Castro do Sino
Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.
{{Location|43.05997|-9.05881}}
O castro do Sino, tamén coñecido como castro de Lavandeira, Citania de Vilaseco ou da Igrexa Vella é un castro que se ergue a case 300 metros de altura sobre un monte preto do lugar de Lavandeira, no concello de Vimianzo. == Características == Este castro aproveitou a súa localización estratéxica, no alto dun outeiro e cun gran desnivel cara ao regato de Lavandeira que o envolve pola parte noroeste. Conserva as murallas de defensa da súa parte leste e sur, e tamén os cimentos de varias vivendas circulares. En outubro de 2002 perigou a súa existencia cando o dono do terreo, por descoñecemento do que alí tiña, intentou explanar as murallas para plantar eucaliptos. Pronto se paralizou a obra e non afectou demasiado á estrutura. Si á muralla exterior e a parte dun montículo interior. Logo da agresión, un técnico de patrimonio, Tomás Rodríguez, fixo unha inspección visual do lugar e axiña atopou fragmentos de tella e cerámica. En Patrimonio está catalogado como Citania de Vilaseco ou Igrexa Vella. Este último topónimo vén de que a igrexa de San Martiño de Castrelo estaba ó pé deste castro. No 1714 foi trasladada á súa localización actual en Castrelo. O campanario estaría situado nunha zona alta do castro, de aí o nome do Sino, do son da campá. Dado o seu difícil acceso nunca foi moi coñecido, malia ser un dos máis importantes de Vimianzo e figurar xa desde antes de 1986 como único exemplo, xunto co castro das Barreiras, coñecido até daquela da cultura castrexa no concello. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === LEMA SUÁREZ, X. Mª e VVAA (2010): Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo. === Outros artigos === Cultura castrexa
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Vilasecoa 1.2 kmCORUÑA E.A.-FISTERRA · CORUÑA E.A.-CABO FISTERRA · Teatro Colón-Fisterra
- Vilasecoa 1.2 kmCORUÑA E.A.-FISTERRA · CORUÑA E.A.-CABO FISTERRA · BERDOIAS-BERDOIAS
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.