Historic quarter
Old town of Pontevedra
Pontevedra
Photo: Juan · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
Neighbourhood and cultural property in Pontevedra, Spain, 17 m above sea level, 51 m from the Caminho Português de Santiago.
O centro histórico de Pontevedra é a parte máis antiga da cidade correspondente ao primitivo asentamento urbano. É o segundo casco antigo máis importante de Galicia despois do de Santiago de Compostela e foi declarado Conxunto Histórico-Artístico o 23 de febreiro de 1951. O centro histórico da cidade posúe unha gran riqueza arquitectónica e conserva numerosos restos das épocas medieval, moderna e contemporánea.
Localización
O centro histórico de Pontevedra está delimitado principalmente polas rúas que coinciden co trazado da antiga muralla, situándose a súa parte norte na marxe esquerda do río Lérez que atravesa a cidade. O casco antigo está delimitado pola rúa Serra ao norte, a rúa Arcebispo Malvar ao leste, a rúa Michelena ao sur e as rúas Cobián Roffignac e Padre Amoedo Carballo ao leste. A Alameda e a Gran Vía de Montero Ríos coas Ruínas do Convento de San Domingo e os edificios institucionais oficiais de finais do século XIX considéranse como unha prolongación do centro histórico cara ao oeste.
Historia
Foi probablemente no século IX cando a poboación de Pontevedra comezou a reunirse en torno á antiga ponte e enclave romanos. En 1169, o rei Fernando II de León e Galicia concedeulle a categoría de cidade. Iniciouse a construción da nova ponte medieval (actual ponte do Burgo) e a poboación foise asentando no que hoxe é o centro histórico. Pontevedra dotouse dunha muralla fortificada que se desenvolveu en tres fases sucesivas a partir do núcleo orixinal situado nas inmediacións da Basílica de Santa María a Maior, a zona máis alta e facilmente defendible. A planta da primeira muralla é a dunha bastida preplanificada, organizada en tres rúas paralelas (Pratería Vella, Amargura-San Martiño e rúa Alta-Sor Lucía) e unha transversal central correspondente á parte alta da rúa Isabel II. No século XIII, o recinto amurallado ampliouse como consecuencia do paulatino crecemento económico e demográfico xerado polos privilexios reais concedidos á cidade (en 1229, Afonso VIII de León e Galicia outorgoulle un privilexio exclusivo para a elaboración e distribución de peixe en todo o reino, e en 1238, Fernando III de Castela concedeulle a fabricación de graxa de saín). Nos últimos anos do século XIII chegaron as ordes mendicantes dos dominicos, as clarisas e os franciscanos; estes últimos construíron o seu convento no outro punto alto do casco antigo, ao leste. No século XIV produciuse unha segunda fase de ampliación da muralla, que discorre pola rúa Pasantería e a praza da Ferrería ata a súa confluencia coa rúa Michelena. Neste século o francés Jean Froissart alcumou a cidade a Boa Vila (La Bonne Ville) nas súas crónicas pola súa magnífica situación xeográfica e o seu esplendor económico. No século XV, o crecemento da cidade fixo necesaria unha última ampliación da muralla. En 1452, Xoán II de Castela concedeu a Pontevedra o título de porto de carga e descarga de Galicia e, en 1467, Henrique IV de Castela premiouna coa autorización para establecer unha feira franca anual de 30 días. Era necesario dispoñer dun espazo suficientemente amplo e controlado para celebrar a feira (correspondente á actual praza da Ferrería). A nova muralla completouse en 1480. No século XVI, o poder económico do Gremio de Mareantes levou á construción da Basílica de Santa María a Maior. Ao longo do século XVI, o armazón de rúas, prazas e edificios cubriu parte dos espazos baleiros do interior das murallas de Pontevedra. En 1719, a invasión inglesa causou grandes danos á cidade. Durante este século leváronse a cabo reformas urbanas con novas prazas e rúas e construíronse novos edificios relixiosos, como a Igrexa de San Bartolomeu e o Colexio da Compañía de Xesús, así como novos pazos urbanos como o de Mugartegui e a remodelación do dos Condes de Maceda. Preto do recinto amurallado, construíuse en 1792 a Igrexa da Virxe Peregrina. No século XIX derrubouse a muralla medieval, comezando en 1852 coa porta de Trabancas e terminando co tramo da rúa do Rouco e da rúa Cobián Roffignac en 1875. Tamén se derrubaron as torres arcebispais e a fortaleza dos Churruchaos, e construíuse o palacete das Mendoza.…
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Casco vello · Espazo urbano
Population 2,100
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 17 m · Terrain Tiles
Nearest town Pontevedra, 210 m away
Way of St James Caminho Português de Santiago, 51 m away
People in the municipality 83,339 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Ponte do Burgo (praza de abastos)265 m awayPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos) · Cambados E.A-Castrelo-Tanoira-Padrenda-Ribadumia-O Mosteiro-Curro-Pontevedra E.A. · O Castelo Alto-Pintos · Cambados E.A-Vilariño-Barrantes-Cabeza de Boi-Caticobas-San Vicente-Mosteiro-Curro-A Devesa-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)275 m awayA Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra · Cuntis-Moraña-Porráns-Pontevedra · Santiago-Padrón-Caldas de Reis-Pontevedra-AP-9-Vigo · Cuntis-Pontevedra E.A. · Lalín E.A.-Pazo de Oca-Pontevedra E.A.
- Ponte do Burgo (praza de abastos)283 m awayPO:Estacións-A Xunqueira-Monteporreiro (Circular L1) · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Balea (casa Falcón)-Pontevedra E.A. · A Estrada E.A.-Matalobos (N-640)-Pontevedra E.A. · O Campo Lameiro (farola)-Pontevedra E.A. · Postemirón de arriba-O Sixtro-Ponte do Burgo (praza de abastos)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
Nearby
Basilica of Santa María la MayorCathedral
Monastery of San Salvador de LérezMonastery
San Xoán de Poio monasteryMonastery
Wall of PontevedraCastle
Fortress and Archbishop's Towers (Pontevedra)Castle
Pazo de Castro MonteagudoPazo (Galician manor)Pazo de los Gago y MontenegroPazo (Galician manor)
Pazo of the Marquises of ArandaPazo (Galician manor)