Dolmen
Dolmen de Argalo
Noia · A Coruña

O dolmen de Argalo, tamén coñecido como Cova da Moura de Argalo, é un dolmen situado en Argalo, no concello de Noia. En 2011 foi declarado Ben de Interese Cultural. == Descrición == Este sitio megalítico data do ano 3000 a. C. Consta de sete grandes ortóstatos, de entre dous e dous metros e medio de altura, que forman a cámara funeraria circular. Enriba deles había unha gran lápida de cabeceira de máis de tres metros e medio de diámetro, mais desapareceu a principios do século XX. Conserva algúns vestixios do que foi o corredor de acceso á cámara, a través de dúas laxes aínda no seu lugar orientadas cara ao leste. == Galería == == Notas == == Véxase tamén == === Outros artigos === Lista de megálitos de Galicia === Bibliografía === Boga Moscoso, Ramón (1997). Dólmenes de Galicia. Baía Edicións. ISBN 9788489803138. . Boga Moscoso, Ramón (1997). Dólmenes de Galicia. Arquitectura das grandes pedras. Baía Edicións. ISBN 84-89803-13-7. . Carballo Arceo, Xulio (2006). Arqueoloxía de Galicia, Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. . === Ligazóns externas === "Dolmen de Argalo". Noia Turismo (en castelán).
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Chegar en bus
- Sobreviñasa 401 mGorgosa (NavalSouArsels) - Noia E.A.
- Sobreviñasa 445 mGorgosa (NavalSouArsels) - Noia E.A.
- Ponte San Franciscoa 690 mGorgosa (NavalSouArsels) - Noia E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.