Dolmen

Dolmen de Axeitos

Ribeira · A Coruña

Dolmen de Axeitos

O dolmen de Axeitos é un dos monumentos funerarios megalíticos de Galicia máis coñecidos. Sitúase na parroquia de San Martiño de Oleiros, no concello de Ribeira. Está datado no IV milenio a. C. == Descrición == De pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Estrutúrase nunha planta poligonal con corredor formada por sete ortóstatos. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megálitos. Ata o momento, non se teñen noticias de ningún achado no seu recinto pero suponse que a ausencia de enxovais funerarios é consecuencia das espoliacións ás que foron e seguen sometidas os monumentos megalíticos. Ata hai algúns anos[cando?], a 50 metros do dolmen levantábase unha rocha de 3 x 4 metros que presentaba gravadas en dúas das súas caras as figuras de tres cabras, dúas delas en actitude de marcha e a outra expectante. A maior destas figuras medía 1 metro e 5 centímetros de lonxitude por 80 centímetros de altura. Na actualidade a rocha está destruída. É propiedade da Deputación da Coruña. == Galería de imaxes == == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Carballo Arceo, Xulio (xullo de 2006). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado. Nigra Trea. ISBN 84-95364-40-9. === Outros artigos === Megálito Dolmen Lista de megálitos de Galicia === Ligazóns externas === Datos do dolmen en turgalicia.es

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Nearby