Lighthouse

Punta Candieira Lighthouse

Cedeira · A Coruña · 1954

Punta Candieira Lighthouse

O faro de punta Candieira é un faro situado en punta Candieira, no concello de Cedeira, na provincia da Coruña Galicia. O faro xestiónao a Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao. Ten 9 metros de altura. == Historia == O 11 de maio de 1908 o presidente da Liga Marítima Española solicitou un estudo para instalar un faro no Cabo Ortegal. A Comisión de Faros aprobou o 15 de xaneiro de 1912 “que o novo faro, recollido no Plan de Iluminación, situárase en Punta Candieira”. Proxectouse en 1929 e rematouse en 1933, pero non se inaugurou ata principios de 1954 debido ás discusións sobre a conveniencia da localización exacta. En 1930, varias organizacións solicitaron retirar o faro de Punta Candieira e instalar un faro de 60 millas de alcance e unha estación de localización no cabo Ortegal. A petición non tivo éxito e cambiouse a característica esperada a grupos de 3 e 1 lampos brancos. No ano 2004 rehabilitáronse a fachada e as fiestras do edificio do faro e construíuse un novo garaxe. No ano 2005 instalouse unha estación base (AIS) e en 2008 renovouse o sistema de supervisión remota, que envía os datos por ADSL ao Centro de Control, na Autoridade Portuaria de Ferrol. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Sanchez Terry, Miguel Ángel (1987). Faros españoles del océano. Ministerio de Obras Públicas e Urbanismo. === Outros artigos === Lista de faros de Galicia

Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗

See on the mapRead on WikipediaDirections

Nearby