Castle
Fortress of San Lourenzo
Goián · Tomiño · Pontevedra
Photo: Adrián Estévez (gl:User:Estevoaei) · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Cultural property in Tomiño, Spain, 21 m above sea level, 100 m from the Camiño Portugués da Costa.
O Forte de San Lourenzo é unha fortaleza da Idade Moderna situada en Goián (Tomiño), fronte á vila portuguesa de Vila Nova de Cerveira, da que está separada polo río Miño.
Historia
A historia desta construción está ligada á da veciña Fortificación de Goián, construída xunto a outras ao longo do Baixo Miño para a defensa da fronteira sur de Galicia con Portugal. En 1663 a fortificación de Goián foi atacada e tomada polo exército portugués. No Tratado de Lisboa asinado en 1668 entre España e Portugal, ambas as dúas partes acordaron devolver as prazas fortes tomadas. A Coroa Española decidiu entón construír un novo forte de menores dimensións, o Forte de San Lourenzo, pois o tamaño da Fortaleza de Goián era excesivo para servir de base para unha gornición de soldados. A construción do forte comezou en 1671, en cumprimento da Cédula Real da Raíña Mariana de Austria, no lugar no que antes se levantaba o Fortín da Barca. As obras, cun custo de 143.704 reais, remataron en 1673, xa durante o reinado de Carlos II. A mellora nas relacións entre España e Portugal provocou que fose pouco utilizado, e co tempo foi obxecto dun abandono progresivo até o abandono definitivo no século XIX. En 1847 Pascual Madoz describíao do seguinte xeito: Despois do seu abandono foi froito de graves espolios que afectaron ó conxunto. A finais do século XX foi obxecto dun plan de recuperación e posta en valor.
Arquitectura
O forte presenta planta cadrada con baluartes defensivos nos extremos que completan a forma estrelada do conxunto. Segundo Blanco Rotea e García Rodríguez "presentaba unha das plantas máis interesantes do conxunto galego de fortificacións do sistema defensivo do Baixo Miño, pola súa perfección e simetría de similares características ao Forte da Ínsua, no lado português". Cada baluarte tiña 3 garitas en cada un dos esquinais, que se poden apreciar nalgúns planos do século XVII. Un foxo defensivo rodea o conxunto, salvado por unha ponte que permite o aceso á porta principal, antigamente pechada cunha porta levadiza. Neste portón consérvase unha inscrición da fundación co seguinte texto: Aos lados da porta sitúanse os escudos do sobrenome Girón á esquerda e Castillo á dereita. No interior divídese en varias construcións: A Casa do Gobernador, a capela, cuarteis para 3 compañías, o almacén das armas, a corte, diversos almazéns e un pozo. Na actualidade, os elementos defensivos do conxunto mantéñense en bo estado de conservación.
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
What it is Fortress · Monumento
Condition En ruínas
Also known as O Castelo
Protected as Ben de Interese Cultural
Elevation here ≈ 21 m · Terrain Tiles
Nearest town O Seixo, 5.7 km away
Way of St James Camiño Portugués da Costa, 100 m away
People in the municipality 13,814 (2025) · IGE
Getting there
Opening hours 24/7
Nearby
Ghorghalado PetroglyphsPetroglyph
Church of San Martiño e San Campio de FigueiróChurch buildingIlla VaquerizaIsland
Cruceiro dos MaiosCruceiro (stone wayside cross)
Igrexa de San Bartolomeu das EirasChurch building
Igrexa de San Xoán de TabagónChurch building
Igrexa de Santiago de EstásChurch buildingIgrexa de San Cristovo de GoiánChurch building