Defensive wall
Penafroufe fort
Bangueses · Verea · Ourense · 1700
Photo: Aparici y García, José, 1791-1857 · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
Defensive wall in Bangueses (Verea, Ourense), 805 m above sea level, 9.9 km from Bande.
O Forte do Teso, tamén chamado Penafroufe, é unha antiga fortaleza militar abaluartada hoxe arruinada na parroquia de San Miguel de Bangueses, no concello de Verea, en Galicia.
Situación
Atópase sobre un promontorio a uns 820 metros sobre o nivel do mar, case ao límite das concas do Limia co Deba-Miño, nunha zona na que se divisa as cotas máis altas (1.100 - 1.270 m.) próximas á fronteira con Portugal.
Historia
Foi construída no século XVII durante a Guerra de Restauración Portuguesa reinando Filipe IV, para defender o fronteira sur do Reino de Galicia das tropas portuguesas que poderían atacar desde Castro Laboreiro pola Raia Seca cara a Celanova. Encargóuselle ao capitán de enxeñeiros Juan Villarroel Prado a construción deste Forte no distrito de Corvelle no sur da provincia de Ourense. O encargo é de Diego IV de Benavides de la Cueva, conde de Santiesteban, e Gobernador de Galicia entre 1647 e 1652; do 8 de agosto de 1649, segundo as notas de Aparici, polo que podemos concluír que sería dunha data posterior.
Estado actual
Só quedan os restos perceptibles na orografía do terreo, estando todo o foso, baluartes e praza de armas cubertas de matogueira. A altura da matogueira non permiten apreciar a profundidade do foso o que fai que dende o perímetro presente menor elevación que a que realmente debe ter. O antigo acceso desde o leste, e os baluartes presentan unha maior vexetación. Nunha zona pode observarse o que parece parte do baluarte cos restos de terra removidos para levantalos.
Galería de imaxes
Wikipedia text in Galician, licensed CC BY-SA. Read the full article ↗
Facts
Period Early modern period
What it is Fortified enclosure
Condition En ruínas
Also known as Reduto de Penafroufe
Elevation here ≈ 805 m · Terrain Tiles
Nearest town Bande, 9.9 km away
People in the municipality 971 (2025) · IGE
Getting there by bus
- Bangueses de Abaixo (marquesiña)635 m awayBande-Bangueses de Abaixo (marquesiña) · Bande-Bangueses de Abaixo (marquesiña)
Stops on the regional public transport network. A stop being there does not mean a bus runs today: the lines are sorted by how many services they run, and the timetables are on bus.gal ↗.
